Un ronsel de 30 nomes para trazar a historia da ciencia en Galicia
O Consello da Cultura Galega presentou este martes o libro Álbum da ciencia. 30 nomes e as súas achegas, que presenta de forma amena e moi visual as biografías dunha trintena de científicos e científicas e que se pode descargar de balde na web da institución
As primeiras sondaxes das europeas sitúan o PSOE como primeira forza malia á alza da dereita
Os socialistas serían a primeira forza cuns dous puntos máis que hai cinco anos, segundo o inquérito divulgado pola Eurocámara, que non ten en conta coalicións como a que une o BNG con ERC ou Bildu
Colourise: a intelixencia artificial dá nova vida ás túas fotos en branco e negro
Colourise é unha aplicación desenvolvida en Singapur que colorea en segundos vellas imaxes en branco e negro. O instituto tecnolóxico que a desenvolveu empregou dous tipos de intelixencia artificial que manexan máis de 20 millóns de parámetros matemáticos e unha enorme base de datos de imaxes
Persoal de Urxencias do Clínico de Santiago acepta a nova proposta do Sergas e remata a folga
A nova proposta da Xerencia, que inclúe aumentar o persoal do servizo, foi aceptada con 48 votos a prol, 48 en contra e 3 en branco. Esta posible fin das mobilizacións non vincula, cando menos de momento, ao sindicato médico O'Mega, que cre necesario máis persoal e garantías de que os doentes non se acumularán nos corredores
15 columnistas volverán analizar en Pontevedra por que as mulleres que opinan 'son perigosas'
A cidade acolle os días 1 e 2 de marzo a segunda edición do Encontro de Mulleres Columnistas, que reunirá a profesionais de todo o Estado, como María Xosé Porteiro, Ana Requena Aguilar, Ana Romaní, Pepa Bueno, Tati Moyano, Tareixa Navaza ou as Towanda Rebels
A "violencia" en Catalunya, segundo a Fiscalía: "Murallas humanas" contra policías e Mossos coa "rebelión"
A exposición do fiscal centrouse en acusacións de “ridículo” cara aos avogados defensores, o desprezo polas opinións xurídicas que descartan a rebelión e o enxalzamento dun editorial do diario El País
O fracaso parlamentario dos Orzamentos do Estado aboca a Pedro Sánchez a un adianto electoral
Sánchez sinalará a Casado e Rivera votando o mesmo que os independentistas e viceversa, advertindo do risco de que se repita en España o acordo de PP e Ciudadanos coa extrema dereita para gobernar. O resultado trae consigo tamén lectura galega sobre as tensións de En Marea
Os posibles recursos a Estrasburgo, protagonistas no inicio do xuízo aos líderes independentistas cataláns
Ou o Tribunal Supremo recoñece que foron vulnerados os dereitos fundamentais dos líderes independentistas xulgados ou vaino facer despois o Tribunal de Estrasburgo, subliñaron os letrados a modo de aviso no inicio do proceso
Carlos e Serafín: "Foi un calvario a incerteza; sentimos moito alivio co indulto"
Os dous sindicalistas galegos indultados polo Goberno central agradecen o apoio constante de CIG, CCOO e UGT e de toda a cidadanía que os apoiou e lembran a ledicia por unha nova que non daba chegado
Comeza o xuízo aos líderes soberanistas cataláns cunha carga política sen precedentes
A Fiscalía quere demostrar que en Catalunya se produciu unha rebelión, unha acusación que foi cuestionada por máis dun cento de penalistas españois e que tampouco compartiu a xustiza alemá
A Xunta pagou durante máis dunha década o alugueiro da vivenda do fiscal xefe de Ourense
O fiscal non asumiu o pagamento cando o Goberno galego deixou de facelo en 2016 tras varios avisos e o propietario reclamouno xudicialmente
A Xunta inclúe a candidata do PP na Coruña como relatora nunha xornada sobre sanidade na cidade
O Goberno galego leva semanas promocionando os candidatos do PP con medios públicos