E agora, que? Os pasos claves tras o acordo do Reino Unido e a UE para o Brexit
O Goberno de May ten por diante unha votación crucial no Parlamento que, de perdela, podería tombala e precipitar unhas eleccións. Polo momento, xa se rexistraron tres dimisións. O asunto que maís custou desbloquear no documento aprobado, de 585 páxinas, foi a fronteira entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte
O Goberno central pide "ideas" a Galicia e Asturias para as futuras axudas a empresas como Alcoa
O secretario de Estado de Enerxía fai a proposta á Xunta e ao Principado no marco da elaboración do Estatuto das Empresas Electrointensivas que prevé a futura Lei de Cambio Climático. O Ministerio de Traballo denuncia a "extrema celeridade" da empresa co ERE
O Estado confirma que Alcoa amplía o prazo do ERE e que acepta negociar a venda das plantas
A ministra Reyes Maroto cre que a situación é "mellor que hai unha semana", asegura que hai varias ofertas polas factorías ameazadas de venda e confía en que "van chegar moitas máis".
Alcoa abre a porta a escoitar ofertas polas plantas se os comités negocian xa o ERE
A empresa di estar disposta a escoitar propostas no caso de constituírse a mesa de negociación do ERE e incorporarse o comité da Coruña ás xuntanzas. A multinacional ofrece ampliar os plazos para chegar a un acordo.
A Xunta substitúe o xerente do 061 tras as polémicas contratacións de ambulancias e helicópteros
Unha investigación penal desvelou que vehículos sanitarios circularon con sobrepeso e o tribunal de contratos censurou que a fundación de emerxencias dependente do Goberno galego non revisou elementos de seguridade das aeronaves cando as adxudicou
Fernando Blanco pide "reflexión" sobre o uso político da xustiza tras sete anos de imputación
O ex-conselleiro, cuxa causa foi arquivada tras sete anos imputado, pide "reflexionar" sobre a esixencia de dimisión dos cargos públicos no momento de seren investigados. "Non se pode xudicializar a política para forzar dimisións", di un dos seus avogados.
Alerta pola "insuficiente" protección que prevé a Xunta para os parques do Invernadeiro e Enciña da Lastra
Nas súas alegacións aos plans de usos e xestión presentados polo Goberno galego para estes dous parques naturais, a SGHN alerta de numerosas eivas: dende prácticas e actividades prohibidas pola lei ao escaso financiamento previso para o funcionamento destes espazos de enorme valor medioambiental
Seis cancións optan aos premios do concurso musical infantil e xuvenil 'Quero Cantar'
VÍDEO | O certame organizado pola Deputación da Coruña celebrará este sábado a súa gala final, na que actuará María Fumaça, a banda capitaneada por Uxía. O ente provincial destaca o impulso que o evento supón para animar á mocidade a empregar a lingua galega.
Caballero, proclamado candidato á Xunta: "Estamos preparados para asumir o cambio"
O ex-presidente Touriño e a ministra de Traballo arroupan o líder do PSdeG como candidato á presidencia nas vindeiras eleccións, que segundo Caballero poden ser convocadas por Feijóo "cando queira" porque "o seu tempo está a chegar á súa fin"
O Goberno central rexeita a intervención de Alcoa: "Non estamos nun réxime comunista"
A ministra de Traballo, Magdalena Valerio, rexeita con contundencia a petición do persoal da empresa, que reclamou ao Executivo que aplicase os mecanismos legais que ten para intervir as fábricas ameazadas de peche se continúa negándose a negociar unha alternativa.
Médicos e o resto do persoal de Urxencias do CHUS inician este luns unha folga indefinida
Á convocatoria de paro da comisión de centro uniuse o sindicato médico o'Mega. Denuncian a escaseza de persoal e medios e os "colapsos" continuos. A Asociación de Pacientes e Usuarios apoia as protestas.
Medio milleiro de persoas e 30 colectivos marchan a Meirás pedindo a devolución do Pazo
A mobilización volve reclamar aos Franco que devolvan as Torres á cidadanía e insta o Goberno de Pedro Sánchez a que actúe xa.