As 'escolas de americanos', unha panca para a modernización da Galicia de comezos do século XX
O Consello da Cultura publica a sétima entrega do seu proxecto web “Historias de ida e volta”, que busca visibilizar o fenómeno migratorio coa documentación que atesoura o Arquivo da Emigración Galega. Céntrase na achega dos emigrantes ao fomento de escolas e da educación, clave para a transformación social do país hai un século.
As Irmandades da Fala, un movemento que non se pode entender sen o seu contexto internacional
O Consello da Cultura Galega publica 'As Irmandades da Fala no seu tempo: perspectivas cruzadas', unha obra que sitùa o movemento no seu contexto histórico e internacional, desde a perspectiva peninsular, europea e a dimensión americana da diáspora.
Tres biografías de activistas achegan a Galicia a defensoras de dereitos de Honduras, México e Guatemala
A xornalista e poeta Lara Dopazo elaborou os textos dedicados a Miriam Suazo, Estela Ángeles Mondragón e María Cuc Choc, que se acompañan das ilustracións do colectivo de arte gráfico mexicano RotmInas e a deseñadora gráfica galega Marta Conde. A iniciativa de Agareso, co apoio da Deputación de Pontevedra, busca achegar as súas figuras aos centros de ensino
CESUGA inicia entre críticas o proceso para ser a segunda universidade privada de Galicia
O centro con sede na Coruña vén xa ofrecendo estudos universitarios, pero adscrito á Universidad de San Jorge de Zaragoza. Agora persegue converterse nunha universidade independente, que tería dous campus e nacería con once graos. A CIG alerta de que o apoio da Xunta aos proxectos privados xera "efecto chamada para quen queira facerse cunha parte do 'pastel' do sector universitario"
Persoal investigador mobilízase en Compostela contra a reforma da Lei de Ciencia que "perpetúa a precariedade"
Colectivos de todo o Estado levaron a cabo concentracións de protesta vestidos con prendas vermellas. A Praza do Obradoiro acolleu a mobilización galega, onde entidades como Investigal alertaron de que o proxecto "non garante a estabilización do persoal investigador nin o pleno dereito laboral desde o comezo da súas carreiras"
Xornalistas Galegas pide áreas de xénero nos medios para evitar episodios como o do 'Land Róber', que Feijóo dá por pechado
O presidente da Xunta cre que a "desculpa explícita honra" ao presentador e cre que o acontecido contrasta con "actitudes machistas doutras persoas" que "non se desculpan". O colectivo de profesionais manifesta "preocupación pola frecuente propagación de contidos e pezas informativas sen perspectiva feminista nos medios galegos", o cal ven máis grave nos medios públicos
Manuel Rico gaña o Premio Couso trala súa investigación sobre a xestión das residencias na pandemia
O xornalista impúxose nas votacións ás outras candidatas: a mexicana Lydia Cacho, as bielorrusas Daria Chultsova e Katerina Bakhválova, a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información. O Colexio de Xornalistas comunicará proximamente o formato da entrega do galardón, que dependerá da situación sanitaria
O sector das artes escénicas e da música rexeita a privatización da xestión do Auditorio de Ourense anunciada polo Concello
Hai uns días o alcalde, Pérez Jácome, anunciou o encargo dun estudo de viabilidade económica para a externalización da xestión do recinto. 13 entidades veñen de difundir un documento que critica a medida e acusan o rexedor dunha "errática política cultural que parece afanarse en obviar os dereitos tanto da cidadanía coma do tecido produtivo cultural da terceira cidade galega"
Ferrol inicia a rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero, que acollerá un museo sobre o intelectual
O proxecto, que prevé completarse no ano 2023, inclúe a recuperación de cinco inmobles abandonados entre a rúa San Francisco e a Praza Vella, onde se instalará un complexo cultural e de servizos. O edificio levaba anos degradándose, ao igual que moitos outros espazos do barrio de Ferrol Vello
Empresas lucenses anticipan un impacto millonario do incendio do Ceao, que non causou danos persoais
O Concello apunta á "elevadísima carga térmica do foco" inicial, aos "materiais altamente inflamables" dos almacéns e á escasa distancia entre naves entre as causas que contribuíron á virulencia e extensión do incendio. A Confederación de Empresarios de Lugo agarda que os danos "poidan resarcirse rapidamente" porque están afectadas "empresas históricas que proporcionan emprego a máis dun cento de familias"
Un incendio industrial no polígono do Ceao de Lugo tarda seis horas en ser controlado e obriga a baleirar unha gasolineira
A Xunta tivo que activar o nivel 1 de emerxencias para mobilizar recursos doutras vilas
‘Ons’, con nove galardóns, gran vencedora dos XIX Premios Mestre Mateo
'A illa das mentiras', de Paula Cons, leva cinco recoñecementos nunha gala na que tamén foron premiados Melania Cruz e Morris e na que Manuel Lourenzo recibiu o galardón de honra Fernando Rey