Galicia vacina contra a COVID case 15.000 persoas nun día, cun ritmo que alcanzou as "doce persoas por minuto"
Máis do 90% das persoas de entre 50 e 55 anos convocadas acudiron á cita e o 86% recibiu finalmente a primeira dose de AstraZeneca durante a primeira xornada de vacinación masiva en 14 espazos das sete áreas sanitarias.
Os casos de COVID ligados ao ensino soben a 484 e rachan coa tendencia á baixa do último mes
O maior incremento dáse na área de Ferrol logo dun brote de 29 positivos nun colexio. O número de aulas clausuradas mantense en 23 e tan só hai un centro pechado.
Novo plan de rescate pola COVID: entre 3.000 e 200.000 euros en axudas directas para empresas e autónomos
O Goberno central aproba un paquete de medidas de 11.000 millóns, dos que 7.000 son axudas directas que xestionarán as autonomías e das que Galicia recibiría uns 220 millóns.
Prisión provisional para o presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, investigado por branqueo
O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo decreta o ingreso na cadea do máximo dirixente da entidade, da súa muller e da súa filla.
O Campus de Lugo da USC homenaxea a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia
A cerimonia de entrega de premios de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural lembran a figura de María Luisa Pérez-Soba, que completou os seus estudos en 1959.
O Supremo arquiva a causa contra Néstor Rego pola ocupación simbólica do Pazo de Meirás
Pecha o caso contra o deputado do BNG, derivado ao alto tribunal pola súa condición de aforado, pero declárase incompetente respecto ao resto de persoas investigadas pola acción reivindicativa do verán de 2017.
A folga xeral paraliza Ferrolterra, Eume e Ortegal, que piden aproveitar os fondos da UE para a reindustrialización
Os sindicatos cualifican de "éxito rotundo" o paro nas comarcas, que reclaman ao Goberno central e á Xunta que "poñan alternativas" de maneira "urxente" ante a "decadencia" e o declive industrial da zona.
'Ons' e 'A Illa das Mentiras' encabezan as candidaturas aos Mestre Mateo, que celebrarán unha gala presencial
Os premios do audiovisual galego entregaranse o vindeiro 10 de abril na Coruña. As series El desorden que dejas e Néboa son as seguintes en número de finalistas. Ons e A illa das mentiras competirán con Lúa Vermella e Arima polo premio á mellor longametraxe.
A xustiza condena o ex-presidente da Confederación Hidrográfica a cinco anos de cárcere por suborno e prevaricación
A sentenza da Audiencia Provincial considera probado que Fernández Liñares pactaba con empresas a adxudicación de contratos que amañaba a cambio de cartos ou traballos nas súas propiedades.
O Estado dá marcha atrás e recorre para evitar pagar aos Franco polo Pazo de Meirás
O Goberno central advirte agora de "erros de interpretación" no ditame da Audiencia Provincial e que nel se "afirma erroneamente" que se recoñecera a posesión de "boa fe" por parte dos herdeiros do ditador.
BNG e outras nove forzas piden no Congreso acabar coa "imposición" do castelán e a "discriminación" do galego
Bloque, Unidas Podemos, Bildu, ERC, PNV Junts, PDeCAT, a CUP, Más País e Compromís defenden unha iniciativa de entidades en defensa das linguas propias para que todas elas gocen do mesmo recoñecemento có español.
Xornalistas Galegas pide aos medios incidir no agravamento da desigualdade de xénero pola COVID
O colectivo demanda "unha maior presenza de voces femininas como protagonistas, fontes expertas e opinadoras". O Colexio de Xornalistas reivindica tamén o papel da muller na ciencia e pide un "periodismo honesto" que "non cuestione a igualdade polo clic".