- Vídeos
- Cultura
O Día de Rosalía reivindica a poeta como "muller de vangarda" e destaca a actualidade da súa obra
O Día de Rosalía, que neste 24 de febreiro celebra o aniversario do nacemento da poeta en Santiago de Compostela en 1837, está cada ano máis consolidada e máis estendida por toda Galicia. Actividades a cargo de centros de ensino, entidades culturais e asociacións desenvólvense ao longo de toda a semana
O Estado rexeita de vez condonar a débeda do Porto da Coruña nun cumio que enterra os convenios de 2004
O Goberno central mesmo pon en dúbida a conexión ferroviaria con Punta Lagosteira tras unha reunión que non resolve os principais atrancos para deseñar a futura fachada marítima da cidade.
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 1: As movidas de Vigo
No primeiro Retrocorenta revisitamos a "explosión" creativa da Movida viguesa con algúns dos seus protagonistas. Nicolás Pastoriza, Menchu Lamas, Pablo Novoa, Mara Costas, Fernando Franco, Rosa Costas, Teo Cardalda e María Monsonís contan o que viviron no Vigo dos oitenta
O impacto da pandemia na saúde mental, a debate durante tres días nunha nova edición de 'Tempo da psicoloxía'
A terceira edición destas xornadas afondan entre o 22 e o 24 de febreiro no "impacto no plano psicolóxico de inéditas dimensións" que provoca a COVID.
- Video Escola pública
- Acontece
A loita polo ensino no rural: "co desmantelamento de servizos foméntase que a xente marche"
A cooperativa audiovisual Xarda vén de publicar o segundo vídeo da súa serie sobre os problemas e iniciativas sociais do rural galego, desta volta centrado no ensino. A peza audiovisual viaxa ata o Courel, Mazaricos ou Brión para entrevistar a familias e traballadores afectados polo peche de escolas ou a supresión de servizos de transporte
Erguer chama á folga no 8M "por un ensino público, laico e feminista"
A organización estudantil denuncia que o machismo "segue presente" nas aulas e que o ensino telemático obrigado pola pandemia na universidade incrementou a fenda entre homes e mulleres. Así mesmo, reclama "perspectiva de xénero" nos contidos e acceso ao mercado laboral en igualdade de condicións.
Empresarios de Ribeira esgrimen a pandemia para opoñerse a que unha rúa deixe de homenaxear un alcalde franquista
O BNG suxire denominacións como Xosé Neira Vilas ou Heroínas de Sálvora para remudar o alcalde franquista no rueiro de Ribeira: "Nunha sociedade democrática non pode haber cabida para honras e distincións a quen tanta represión provocou"
450 castiñeiros para implicar a veciñanza de Lugo fronte á mudanza climática
As primeiras 450 persoas que se subscriban á 'newsletter' do novo proxecto 'Lugo, cidade viva' recibirán un castiñeiro do "novo bosque urbano", ligado ao barrio multiecolóxico que impulsa o Concello. Faino ao fío dun plan sinalado recentemente pola Comisión Europea como un dos exemplos de "experiencias positivas" desenvolvidas na UE no marco da "recuperación" fronte á crise do coronavirus
"Xeliña fala galego" noutro día da lingua materna para pular pola transmisión interxeracional do idioma de Galicia
A RAG recupera o relato co que o pai de Xela Arias, o mestre e tradutor Valentín Arias, contaba a finais dos anos 60 do século pasado a experiencia de criar en galego á súa filla
Xunta e PP sinalan por non entregar listas de vacinación a varios concellos que xa cumpriran cos trámites
Sanidade sinalou por non enviar a relación de profesionais dos servizos de atención ao fogar a varios municipios que xa os remitiran e logo de que o PP denunciase a situación en varios plenos. A Fegamp denuncia que eses "erros informativos" crearon "confusión e tensións" nas localidades.
- 🔊Podcast 40 anos do Estatuto Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta: un podcast para catro décadas de memoria colectiva
Está a piques de chegar Retrocorenta, un podcast no que imos percorrer algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares... Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva.
Os debates de 'As mulleres que opinan son perigosas' regresan para "tomar a palabra nas redes"
A cuarta edición do foro celebrarase de forma online os 5 e 6 de marzo coa participación de 18 xornalistas galegas e do resto do Estado. Destaca a presenza de Almudena Ariza e Esther Palomera ou de dúas premios Pulitzer, e tamén as intervencións de tres directoras de medios galegos.