Reclaman á Xunta "transparencia" no reparto dos fondos de recuperación para non beneficiar "as grandes empresas contaminantes"
Están convocadas concentracións na Coruña, Chantada, Compostela, Pontevedra, Ourense, Ordes, Betanzos, Lugo, Vigo, Vilagarcía, Vilalba e Ferrol. Unha ducia de entidades sociais denuncian que a Xunta "semella ter repartido xa o pastel, enfocando unha gran parte dos recursos cara á industria enerxética e as empresas que pretenden lucrarse cun novo espolio dos recursos do sector forestal"
A alcaldesa de Boimorto mantense no cargo tras vacinarse contra a COVID malia as advertencias previas de Feijóo
O PPdeG abriulle un expediente disciplinario á alcaldesa, á que suspendeu cautelarmente de militancia á espera de "explicacións claras", pero quedará en nada ao pedir ela mesma a baixa do partido
O Servizo de Normalización da USC presenta unha nova ferramenta para mellorar os correctores lingüísticos dos ordenadores
O SNL incorpora un suplemento especializado de termos vencellados ás Ciencias da Saúde, que se engade aos xa publicados dos eidos da Economía e Empresa, Dereito e Matemáticas. Poden ser incorporados de balde aos programas de corrección empregados no LibreOffice ou no MS Office
Rebelo de Sousa revalida a presidencia de Portugal co 60% dos votos nas eleccións marcadas pola COVID
O xefe do Estado portugués logra recuncar no cargo con 8 puntos máis que hai cinco anos nuns comicios con dez puntos menos de participación que en 2016. Comprométese a "fazer esquecer as xenofobias, as exclusões, os medos instalados" no inicio do mandato en que será conmemorado medio século do 25 de abril. A segunda candidata máis votada, Ana Gomes, dá por logrado o obxectivo de que a extrema dereita saíse das urnas convertida en "alternativa"
- Vídeo
- Ciencia e tecnoloxía
'The Waylanders' inclúe a versión en galego e unha recreación da Compostela medieval no lanzamento do videoxogo en todo o mundo
A versión completa do xogo estará dispoñible esta primavera, pero na súa compra anticipada xa chegou a máis de 150 países dos cinco continentes. Trátase dunha superprodución do estudio coruñés Gato Salvaje que recrea lendas e escenarios celtas e medievais.
56 concellos máis pasan ao nivel máximo de restricións, entre eles Vigo e Pontevedra
Un total de 115 localidades, nas que vive o 72% das poboación galega, terá así as medidas máis duras, que implican limitacións de mobilidade, coa prohibición de entrar e saír do termo municipal, e o peche de toda a actividade interior da hostalaría.
- Vídeo Coronavirus
- Acontece
Galicia comeza a administrar a segunda dose da vacina e inicia a inmunización contra a COVID
Nieves Cabo, primeira persoa vacinada no país, recibe a segunda dose este domingo e inicia o camiño cara á inmunidade, que prevé ser total entre usuarios e persoal das residencias antes de finalizar febreiro.
As deputacións gobernadas por PSdeG e BNG advirten á Xunta que xa axudan á hostalería malia non teren "recursos nin competencias"
As institucións provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra acusan de "deslealdade" a Feijóo por pretender un fondo de cooperación "sen pactalo previamente", e pídenlle maior apoio ao sector tras case un ano de "esforzo" dos concellos.
Último paso para sumar o asasinato de Alexandre Bóveda á querela arxentina contra o franquismo
Xunto á familia de Bóveda, secundan a querela contra o franquismo os descendentes dos políticos republicanos Amancio Caamaño e Ramiro Paz, tamén asasinados na Caeira polos golpistas en 1936. "Son as primeiras de moitas familias galegas que xa contactaron con para amosar o seu interese por sumarse á querela arxentina", destaca a Deputación de Pontevedra, que apoia o proceso
A couza da pataca esténdese por Arteixo e a Xunta permite volver plantar noutros nove concellos
Dous meses despois de anunciar unha mellora da situación no norte do país, o Goberno galego fai oficiais no DOG as novas restricións, que revelan un empeoramento no concello coruñés
A Xunta pide a concellos e deputacións dividir a conta das axudas á hostalería e pon agora Valencia como referente
Goberno galego e sector reclaman un fondo financiado pola Administración autonómica, os municipios e os organismos provinciais, idéntico ao modelo aplicado pola Generalitat Valenciana, para rescatar a restauración.
- Vídeo Coronavirus
- Acontece
O Sergas prevé ter vacinadas coa primeira dose 60.000 persoas o vindeiro luns entre profesionais sanitarios e residencias
Sanidade tiña previsto administrar a primeira inoculación da vacina a 6.000 sanitarios de primeira liña contra o coronavirus neste mércores, nunha xornada sen incidencias.