Alcoa teima nas perdas millonarias para negar "mala fe" no ERE dunha planta que prevé "deficitaria"
A multinacional volve aludir aos graves problemas económicas da factoría de San Cibrao para xustificar no xuízo o despedimento colectivo de máis de medio milleiro de traballadores.
BNG e PSdeG amosan o seu apoio á futbolista que se negou a homenaxear a Maradona
Os líderes do Bloque e dos socialistas galegos, Ana Pontón e Gonzalo Caballero, reúnense coa xogadora no Parlamento de Galicia e condenan as ameazas recibidas por rexeitar un minuto de silencio na honra do falecido.
Lugo evoca a memoria colectiva en torno á Muralla no seu vixésimo aniversario como patrimonio da humanidade
O 30 de novembro do 2000, a UNESCO ratificaba a inscrición do monumento lucense como patrimonio mundial. Dúas décadas despois, a COVID limitou as celebracións do vixésimo aniversario daquela declaración, en torno á que tamén restan algunhas materias pendentes
A Culturgal 2020 reivindica a cultura segura en tempos de emerxencia
O groso da programación da Culturgal 2020 é retransmitida ao vivo por internet para adaptar a feira ás restricións da COVID-19. Praza.gal participa un ano máis na feira, desta volta co diálogo '10 gráficos para contarmos a pandemia en Galicia'
'Xornalistas Galegas' reclama no Parlamento que se obrigue os medios a cumprir as leis de igualdade e violencia de xénero
A asociación impulsa unha proposición non de lei de iniciativa popular para garantir que se cumpren as normas, que obrigan os medios a promover a igualdade entre homes e mulleres e a aplicar pautas informativas específicas no tratamento das informacións de violencia machista
'En Negro contra as violencias machistas', das rúas á rede para unha denuncia "máis necesaria ca nunca"
Levarase a cabo unha distribución de máscaras de protecciónm que será facilitado en Compostela pola rede de farmacias da cidade, onde se repartirán. Haberá ademais, pezas audiovisuais e unha pancarta virtual
Díaz Barreiros, novo presidente da patronal galega, que pon fin a case tres anos de baleiro na dirección
Pedro Rey, o outro aspirante, retirou a súa candidatura cinco antes da votación tras chegar a un acordo co agora novo máximo dirixente da CEG.
A Xunta abre un expediente para inhabilitar o xinecólogo que liderou a protesta contra o peche do paridoiro de Verín
O expediente, que podería provocar a súa inhabilitación profesional durante dous anos, parte da negativa de Javier Castrillo a trasladar unha nai e o seu bebé ao hospital de Ourense.
Olga Novo, Bieito Alonso, Monicreques de Kukas, Óliver Laxe e GCiencia, Premios da Crítica de Galicia
O certame deu a coñecer os premiados e premiadas da súa 43ª edición, que tivo como lema "A Nosa Fala. Na súa acea a moerse está o pan do porvir", de Carvalho Calero. Margarita Viso, Alfonso Costa e a Festa do marisco do Grove completaron os galardóns
- Vídeos
- Cultura
As mellores webseries galegas do ano danse cita no Carballo Interplay
Por primeira vez na historia do festival o público pode ver e votar a través da rede as series finalistas da Sección Oficial, entre elas as galegas Destapando Casares, Os 20 de XX, Capitán Breomán, Save e amigos, Mataría Microserie, Adegas da memoria e S.E.X. Ademais, estreáronse Xan e Amnesia 3.0, gañadoras o pasado ano do premio a proxectos de webseries en versión orixinal galega.
O Carballo Interplay pon a batamanta para celebrar dende a casa a gran festa da creatividade dixital galega
A pandemia de coronavirus obrigou o festival a virar nun evento 100% online e multipantalla. Dende este mércores todas as sesións e debates poderán verse de balde a traves da rede e todo o público poderá votar polas webseries da sección oficial. Videoxogos, humor feito por mulleres, tecnoloxía e moitas estreas, entre os contidos máis destacados
A Xunta muda a presidencia do Porto da Coruña no momento clave para o futuro urbanístico dos seus peiraos interiores
O Goberno galego prescinde de Enrique Losada logo dunha década na presidencia da Autoridade Portuaria, que ocupará o concelleiro e parlamentario do PP Martín Fernández Prado, ex-edil de Urbanismo na Coruña.