Joe Biden, elixido novo presidente dos Estados Unidos mentres Trump teima sen probas na tese da fraude
O candidato demócrata á presidencia dos EUA chama a "deixar atrás a carraxe" e pide "unidade" tras lograr "a confianza do pobo americano". O equipo de Trump defende que "a elección está lonxe de rematar" e o aínda presidente clama: "Gañei estas eleccións por moito".
Margarita Ledo, Javier Gutiérrez e Alfonso Zarauza recibirán os premios de Cineuropa, que mantén o formato presencial
A 34ª edición do festival celebrarase entre o 6 e o 22 de novembro en catro salas de Compostela (Teatro Principal, Salón Teatro, NUMAX e Sala Mozart do Auditorio de Galicia). Proxectaranse 95 películas, das que 43 son de balde, nunha edición que reivindica a asistencia ao cinema como a volta ao mundo real.
A Xunta suprime a obriga non ir ao colexio para estudantes e docentes que convivan con casos sospeitosos de COVID
A información que buscas está agora neste enderezo 👉 https://praza.gal/acontece/a-xunta-suprime-a-obriga-de-non-ir-ao-colexio-para-estudantes-e-docentes-que-convivan-con-casos-sospeitosos-de-covid
Unha enquisa en 31 institutos galegos amosa como os estereotipos de xénero determinan a elección das carreiras profesionais
O grupo Xuvenciencia do campus lucense da USC desenvolveu esta iniciativa entre febreiro e marzo, detectando unha maior "vocación" das rapazas na escolla de estudos cientifico-técnicos, mentres que os rapaces toman estes camiños "porque é o que se dá por feito que deben estudar".
Trump fala de "roubo" e Biden apela á "fe" na vitoria: a presidencia dos Estados Unidos de América, no aire
O republicano gaña en Florida, o estado máis significativo, e mantense con opcións de revalidar a presidencia
- Vídeo
- Cultura
Carmen Penim converte o Couto Mixto en cancións cun novo álbum que homenaxea as mulleres de terra e mar
"Cantos de Terra e Sal" é un traballo de recuperación de cantos tradicionais galegos do interior e da costa cunha reinterpretación propia. O disco, que se publicará nas vindeiras semanas, está rematando a súa fase de micromecenado. Nacida nunha aldea do Couto Mixto, Carmen Penim recupera os temas que escoitaba de nena na casa da súa avoa.
Un lagar rupestre atopado nos arredores de Ourense achega información sobre a produción de viño no inicio da Idade Media
As estruturas de pedra foron achadas no lugar da Golpilleira, entre os concellos de Ourense, Amoeiro e Punxín, por un socio de Apatrigal, que xa o puxo en coñecemento de Patrimonio
O Burela xoga en Móstoles con máscara ante a negativa do rival a facer os tests da COVID
As futbolistas do equipo mariñao non disputaron o balón durante o primeiro minuto de partido, nunha protesta á que o equipo madrileño contestou dándolles as costas.
No centro de maiores, pero sen deixar a vila: ″unha prolongación da casa″ para 200 persoas na provincia de Lugo
A Deputación de Lugo promove un modelo de residencias de proximidade na provincia que busca manter aos maiores na súa contorna e crear emprego nas vilas
O xuíz de Angrois ratifica o peche da instrución e deixa en mans da Audiencia a apertura de xuízo contra o maquinista e un cargo de Adif
A causa volve ao punto en que estaba hai un ano, co tribunal provincial a piques de resolver sobre os dous mesmos acusados, decisión que aprazou á espera de que se investigasen as agora descartadas posibles eivas do tren
A hostalaría compostelá clama contra as restricións no sector e pide un plan de rescate á Xunta
Centos de persoas mobilizáronse en Santiago contra unhas medidas que cren "desproporcionadas" e contra a "criminalización" dos locais de lecer e restauración e piden ao Goberno galego axudas económicas.
'O Menhir de Ouro', un libro para ler Astérix en galego... e para escoitalo
Xerais publica este volume de Goscinny e Uderzo, publicado orixinalmente en 1967 como disco-libro, pero que nunca aparecera como álbum. A edición acompáñase dun audiolibro cos sons e música orixinais e as voces de Xerardo Couto, Gonzalo Faílde, Montse Davila, Tacho González e Antón Rubal