A RAG destaca a Carvalho Calero como o primeiro grande investigador da obra de Rosalía de Castro
A Academia celebrou este xoves a segunda sesión do Simposio Carvalho Calero, dedicado nesta ocasión aos seus estudos literarios. Pilar García Negro subliñou que o ferrolán someteu a obra da escritora a “unha análise como a dispensada a outros clásicos da literatura universal”
Os robots pasean por Vigo nas Xornadas de Automatización Industrial, que viran virtuais pola pandemia
A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo acolle do 26 e 30 de outubro as Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI), que este mércores incluíron unha demostración a cargo de Spot, un dos robots cuadrúpedes máis avanzados
As educadoras sociais piden estar nos centros educativos para previr acoso e condutas suicidas
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia amosa a súa "preocupación" ante o suicidio de dous mozos que sufriran acoso e reclama recursos e actuacións coordinadas entre profesorado e profesionais do seu ámbito.
Unha mancha de fuel de máis dun quilómetro de lonxitude na boca da ría de Arousa mobiliza medios estatais e galegos
Capitanía Marítima de Vilagarcía, que coordina o operativo, está a investigar a orixe da vertedura
As probas masivas de coronavirus non atopan positivos entre o persoal da Uvigo, que realizará PCR ao estudantado
A Universidade de Vigo levou a cabo 2.300 tests entre o seus traballadores e traballadoras e comezará nos vindeiros días unha serie de 200 PCR aleatorias cada semana entre os seus alumnos e alumnas
Galicia aspira a protagonismo no diálogo entre China e Europa
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) organiza unha xornadas coas que repensar as relacións no marco do proxecto O Xacobeo e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente
Pacto no Congreso para que o Goberno de España interveña Alcoa na Mariña
A Cámara Baixa aproba unha iniciativa acordada entre PP, PSOE e BNG na que se insta o Executivo á intervención pública da planta "á maior brevidade posible" para manter a actividade e o emprego.
- Enquisa
- Política
Máximo equilibrio en Galicia entre a poboación a prol dun referendo sobre a monarquía e a que non o ve preciso
A enquisa impulsada por 16 medios de comunicación, entre eles Praza, amosa un panorama aberto nas preferencias sobre o modelo de Estado e entre o "si" e o "non" a un referendo sobre monarquía ou república, pero tamén reflicte erosión que os escándalos que arrodean o rei emérito provocan á imaxe pública sobre a Casa Real e na percepción sobre o seu futuro
Estudantes da Mariña, á fronte das protestas para salvar os empregos na factoría de aluminio
Unha marcha de estudantes xunto a persoal da factoría procura facer ver que boa parte do futuro laboral da comarca pasa pola continuidade do complexo de alúmina-aluminio co que quedou Alcoa na privatización de Inespal. O comité de empresa insta os gobernos a intervir xa para facilitar a venda da planta ao grupo Liberty e impedir que Alcoa despida o persoal e faga hibernar as cubas
A SELIC converte Santiago nunha festa dos libros, "un salvavidas nos peores momentos da Covid"
A Semana do Libro de Compostela celébrase do 10 ao 18 de outubro en distintos espazos da capital galega, que acollerán presentacións, conversas con autores e autoras, actividades infantís, actuacións que combinan música e literatura, e unha ducia de roteiros literarios
Podemos racha na Coruña co grupo da Marea Atlántica, que acusa a súa edil de "tránsfuga"
A candidatura municipalista di "lamentar a deriva" da formación morada, que decidiu que Isabel Faraldo, que foi nas listas da Marea, ocupe a vacante do concelleiro Xiao Varela como non adscrita e á marxe do grupo.
Culturminho: un foro online que amosa as experiencias culturais compartidas entre Galicia e Portugal
Ata o venres catro mesas de debate organizadas pola Deputación de Pontevedra afondarán nas posibilidades de traballo conxunto entre axentes e eventos culturais dunha e doutra beira do Río Miño e destacarán as iniciativas que xa están a colaborar.