A Coruña pensa en alto sobre o seu lugar no mundo
Analistas de diversos eidos reflexionan sobre o papel internacional da cidade nun ciclo de coloquios organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), que tamén retoma en liña o ciclo de charlas e libros que tivo que adiar en marzo polo coronavirus
'Redes Galegas': as redes sociais como aliadas da lingua para chegar ás novas xeracións
Este xoves celébrase a primeira das tres sesións virtuais que compoñen este ano o Día das Redes Galegas, que afonda na importancia das novas tecnoloxía e no seu papel na difusión do galego. No primeiro debate participarán María Yáñez e o youtuber Olaxomario
Lorca queda na Alameda de Compostela
Unha estatua do poeta lembrará a súa estancia na cidade nun novo Día de García Lorca en Galicia no que Alvarellos Editora, impulsora da iniciativa, vén de publicar un libro sobre o paso do autor por Santiago e unhas 'Libretas lorquianas' con debuxos que aquí fixo en 1932
Os Premios Martín Códax da Música Galega entregan os seus galardóns denunciando a precariedade no sector
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu a gala, que completa un ano no que o certame organizado por Músicas ao Vivo superou as dificultades provocadas pola pandemia. No acto esixiuse das Administracións medidas para apoiar os traballadores e traballadoras dun ámbito moi golpeado polas restricións derivadas do coronavirus
Outono de éxito das galegas das letras
Nas últimas semanas Olga Novo (Premio Nacional de Poesía, Premio da Crítica en poesía en galego), Berta Dávila (Premio da Crítica en narrativa en galego, Premio Repsol de Narrativa Breve), Oriana Méndez (Premio de poesía Afundación) ou Alba Cid (Premio Nacional de Poesía Joven ‘Miguel Hernández’ ) fixéronse con algúns dos galardóns literarios máis importantes do ano
Rinoceronte lanza o seu dicionario online castelán-galego, con máis de 27.000 entradas
A ferramenta, de balde, pódese consultar na web da editorial e inclúe ademais fraseoloxía e toponimia. Rinoceronte ofrece un enderezo electrónico para informar de erros e realizar achegas relevantes, pois "igual ca a lingua, queremos que este dicionario sexa unha ferramenta viva, que tentaremos mellorar e ampliar na medida do posible"
Cando a tecnoloxía axuda a coidar: ″se me quitan a teleasistencia, non podería estar soa na casa″
A Deputación de Lugo conta con 1.795 prazas no Servizo de Teleasistencia a Domicilio, que de maneira gratuíta favorece a autonomía e a permanencia no seu entorno a maiores de 65 anos
O Consello da Cultura despide o bicenterario de Concepción Arenal revisando a vixencia do seu legado
O CCG organiza un ciclo de conferencias que comezou o venres pasado en Ferrol e que terá sesións na Coruña, Vigo e Compostela co obxectivo de "honrar unha figura destacada da nosa historia cuxa fonda pegada aínda permanece".
O TSXG estudará o día 28 a paralización do ERE en Alcoa mentres segue o debate sobre a intervención da planta
A medida foi solicitada por CCOO, UGT e CIG, buscando evitar ademais a parada das cubas de electrólise, que dificultaría moito calquera opción de venda. Nin Goberno central nin Xunta descartan a intervención e a ministra de Industria Reyes Maroto asegura que "chegará onde teña que chegar"
A Audiencia Nacional comeza a axuizar membros de Causa Galiza, que advirten dunha "operación política" contra o independentismo
A 'Operación Jaro' remóntase a 2015 e, malia á retirada dalgunha das imputacións, implica peticións de prisión de entre 4 e 12 anos para as persoas acusadas pola Fiscalía
Protesta contra a turbidez no Eume: “Endesa fixo e desfixo durante anos cunha Xunta cómplice"
O BNG concentrouse en Cabanas para esixir a Xunta e Endesa que "actúen xa" para solucionar o problema. De igual xeito, o PSdeG-PSOE reclama que o Goberno galego faga públicos os datos das analíticas das augas e lembra a "neglixencia" do Executivo na protección das Fragas do Eume.
Os Premios Martín Códax entréganse o 21 de outubro nunha gala limitada a 60 persoas que se poderá seguir online
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a cerimonia dos Premios da Música Galega, que superan así as dificultades dun ano marcado pola pandemia. María Manuela será homenaxeada nun evento dirixido por Gustavo Dieste e presentado por Inés Salvado Gontad e que contará coa música de Pedro Lamas.