As negociacións sobre o futuro da planta de San Cibrao, bloqueadas tras a negativa de Alcoa a participar en dúas xuntanzas
Alcoa afirma que é "inviable" chegar a unha "solución acordada". O comité de empresa propón que se prorrogue o período de consultas durante seis semanas máis para facilitar a venda a Liberty House
TEMAS 3 | Anatomía do 12X
No número de TEMAS, o monográfico para socias e socios de Praza.gal, percorremos a anatomía dos resultados das eleccións galegas do pasado xullo
A cancelación da feira taurina de Pontevedra leva á suspensión da manifestación contra as touradas na cidade
"Aínda que é unha boa nova a non celebración da feira taurina despois de tantos anos, isto non significa a fin das touradas", advirte a plataforma Touradas fóra de Pontevedra, que mantén a reclamación da fin do convenio municipal coa Praza de Touros e da modificación da Lei de Benestar Animal
O comité de empresa de Alcoa acusa a multinacional de "torpedear" o proceso de venda da planta de San Cibrao
Os representantes do persoal estiveron todo o día reunidos coa compañía, na derradeira xornada de consultas do ERE que afecta a 534 traballadores. O comité defende a "solvencia" da oferta de Liberty House e pídelle ao Goberno central que "lidere" o proceso: "non se pode permitir que veñan uns cuatreros a desfacer a industria deste país"
Sánchez di ignorar onde foi Juan Carlos de Borbón, situado entre Portugal e a República Dominicana
"Non se xulgan institucións, xúlgase ás persoas", di o presidente do Goberno de España, quen considera que a Casa Real "marca distancias sobre unha serie de condutas que poden ser susceptibles de cualificarse como irregulares". Diversas informacións sinalan que o ex-xefe do Estado viaxou dende Galicia a Portugal, onde o sitúan algúns medios, mentres que outros manteñen que marchou á República Dominicana
'O que non arde': prevención e árbores autóctonas contra o lume no medio rural de Lugo
O cineasta Oliver Laxe apadriña o lanzamento de 'O que non arde', o programa da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo para previr os incendios forestais que en vindeiras edicións incluirá tamén o fomento da gandaría extensiva
O emprego 'rebota' no medio da pandemia coa maior creación de postos de traballo en xullo da última década
Galicia incrementou en 19.026 o número de afiliacións á Seguridade Social en xullo, no mellor mes dende o ano 2008, o que axuda a compensar parte da destrución de emprego dos meses anteriores. O paro baixa en 9.343 persoas, pero o número de persoas desempregadas supera en 24.390 o de hai 12 meses. Ademais, máis de 50 mil persoas atópanse nun ERTE en Galicia.
Alcoa teima en parar as cubas de San Cibrao pero abre a porta a mudar o ERE por un ERTE de dous anos
Este martes finaliza o periodo de consultas do ERE. Os traballadores denuncian a "insistencia" de Alcoa cando está sobre a mesa unha oferta dun comprador interesado en adquirir a factoría, Liberty House Group, que este luns mantivo un encontro co comité de empresa, que cualifica a súa proposta de "solvente".
A Xunta abre un proceso sancionador contra a Liga e o Fuenlabrada por incumprimentos graves do protocolo sanitario
O procedemento, resultado dunha investigación iniciada a pasada semana pola Consellaría de Sanidade, será notificado nos vindeiros días. O presidente da Xunta di que se trara defeitos "moi graves dende o punto de vista da saúde pública". Arteixo rexistra un brote con 17 novos positivos nun ximnasio.
Profesorado e familias reclaman ante a Xunta un novo protocolo da Covid que garanta a seguridade nos centros de ensino
Unha concentración ante a sede de San Caetano esixiu unha redución do número de alumnos e alumnas por aula, contratacións de profesorado e persoal non docente e instrucións claras para levar a cabo a teledocencia ou sobre como actuar ante posible brotes
Gonzalo Caballero aposta por un novo PSdeG "galeguista, enraizado no país e autónomo"
O PSdeG-PSOE levou a cabo o seu tradicional acto en Rianxo polo Día Nacional de Galicia, no que realizou unha ofrenda a Castelao. O secretario xeral da formación destacou que "socialismo e galeguismo" son as dúas caras "da mesma moeda" e subliñou que “Galicia é
a nosa causa”.
Pontón celebra os resultados do 12X pero advirte de que son "un punto de partida" e que "haberá goberno do BNG"
O Bloque 'expande' os actos do 25 de xullo polas sete cidades galegas e fai un chamamento a sumar "máis galegos e galegas" ao seu proxecto, mesmo as persoas non nacionalistas. "Dirixámonos con sorriso e man tendida a todas aquelas persoas que queren un futuro mellor para o noso país", di Ponton