- Vídeo
- Cultura
Xabier Díaz lanza unha escola virtual de pandeireta para aprender a tocar dende a casa e "dende cero"
Dende este mércores, cada dúas semanas o músico publicará en youtube un vídeo con leccións, que incluirán subtítulos en inglés e castelán. O curso, de balde, ten a súa orixe nas peticións expresadas pola comunidade galega na diáspora
A pandemia de coronavirus, unha nova escusa para 'contaxiar' o racismo e os discursos de odio
A ONG Agareso e o Concello de Santiago lanzan a campaña Protéxete do racismo para concienciar a sociedade e loitar contra os estereotipos e mensaxes xenófobas que políticos e medios de comunicación están a espallar aproveitando a situación provocada pola Covid-19
A compañía estadounidense Novavax fabricará no Porriño a súa vacina contra a Covid-19 para Europa
A empresa norteamericana chegou a un acordo coa galega Biofabri, división do Grupo Zendal. A vacina atópase na Fase 2 e comezará antes de fin de ano os ensaios da Fase 3.
As cartas de Virxinia Pereira amosan o seu compromiso ideolóxico e a defensa do legado de Castelao
O Consello da Cultura Galega vén de publicar na rede o epistolario cruzado que mantiveron Virxinia Pereira e Valentín Paz-Andrade entre 1951 e 1967, un total de 28 cartas que amosan o compromiso político da viúva de Castelao e a súa firmeza á hora de respectar as disposicións do finado
As cidades da eurorrexión reivindican a súa xestión da pandemia e reclaman ser tidas en conta por Madrid e Lisboa
“Os concellos xogaron un papel determinante garantindo servizos esenciais á poboación”, salienta o Eixo Atlántico, que este xoves organiza en Pontevedra unha conferencia de alcaldes e alcaldesas de Galicia e o Norte de Portugal
Os principais incendios da fin de semana nos montes galegos superan as mil hectáreas e poñen en risco áreas habitadas
O incendio con máis extensión localízase en Rebordechau, en Vilar de Barrio, onde ata media tarde do domingo arderan unhas 400 hectáreas
Condenada a franquía ourensá de McDonald's por mudar as quendas dunha traballadora de baixa por embarazo de risco
O xulgado condena a empresa a anular a mudanza na xornada laboral da traballadora, que tiña recoñecido o seu horario por sentenza de conciliación, e a indemnizala con algo máis de 6.000 euros. A CIG "celebra" a sentenza e subliña que "non estamos a falar dun caso illado nesta empresa"
Sanidade leva dous meses sen responsable de Epidemioloxía tras a xubilación do anterior
Tras 42 días sen reunión executiva, superando o récord de 41 días do verán de 2017, o Consello da Xunta deste xoves comezou a nomear os cargos intermedios do novo Goberno galego cunha remuda completa da cúpula de Educación
Xulgar un animal salvaxe ou analizar as súas “interaccións”? Os expertos piden “tranquilidade” ante o paso de candorcas por Galicia
A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (Cemma) realizou a pasada semana un control aéreo no que avistou 97 cetáceos pero ningún desa especie e estima que “nos vindeiros días” os exemplares de paso superarán Estaca de Bares
Os sindicatos denuncian á Xunta por quitar cartos a persoal que non secunda pero si apoia a folga indefinida dos técnicos forestais
CIG, CCOO, CSIF e UGT acusan ao Goberno galego de “represión” contra traballadores que, aínda que non participen nela, non rexeitaron expresamente a folga, iniciada hai un mes e con servizos mínimos que cualifican de “abusivos” por superar “o 90% do cadro de persoal”
- Documento Memoria antifranquista
- Política
A xustiza declara que o pazo de Meirás é propiedade do Estado e ordena á familia Franco devolvelo
A xuíza conclúe que os documentos demostran que a Xunta Pro Pazo regalou o inmoble ao xefe do Estado, non a Francisco Franco a título persoal
O ‘rebote’ récord de creación de postos de traballo en xullo moderouse en agosto
Galicia mantense por riba do millón de afiliados á Seguridade Social cun lixeiro aumento, como todos os agostos, do paro rexistrado, ata case 177.000 persoas