Dous incendios en Monterrei e Viana do Bolo queiman máis de 700 hectáreas
O forte vento complica os traballos que extinción, nos que están a colaborar un gran número de traballadores, que mesmo actuaron durante a noite.
A análise de mil mostras de pacientes galegos da Covid-19 servirá para coñecer máis a enfermidade e a súa evolución
O proxecto Epicovigal, liderado polo catedrático da Universidade de Vigo David Posada, secuenciará o material xenético do virus para entender mellor a súa circulación en Galicia. Ademais, a Real Academia Galega de Ciencias premiou nun acto celebrado na USC o traballo de 20 grupos de investigación das tres universidades galegas na crise da Covid-19.
A Editorial Galaxia celebra o seu 70 aniversario cun número especial de Grial
A Asemblea Fundacional tivo lugar o 25 de xullo de 1950 no Hotel Compostela da capital galega. A revista, que conmemora a efeméride, será dobre e incluírá contidos especiais sobre a historia do proxectos e estrea novas seccións que pasarán a ser fixas na publicación
O BNG leva o 'Día da Patria' ás sete cidades, nun acto político "expansivo" que quere abrir ás persoas non nacionalistas
Ademais do tradicional mitin da Praza da Quintana, precedido por unha marcha dun milleiro de persoas dende a Alamaeda, as outras seis urbes acollerán cadanseu encontro, que conectarán en directo coa transmisión dos discursos realizados en Compostela
Un incendio en Verín queima máis de 160 hectáreas en poucas horas e dificulta a circulación na A-52
O lume declarouse a primeira hora da tarde e obrigou a mobilizar a un gran número de traballadores forestais e equipos de extinción, chegados mesmo dende fóra de Galicia.
Sindicatos do ensino 'sulfatan' o plan da Xunta para a COVID-19 nas aulas: "Así non pode empezar o curso"
O principal "clamor" do persoal docente é a "redución das ratios" de estudantes por aula, que o protocolo da Xunta non contempla. BNG e PSdeG secundan a reivindicación e instan a Xunta a negociar
Ecoloxistas en Acción advirte sobre a ameaza da minaría submarina fronte ás costas galegas
A entidade reclama unha moratoria desta actividade, prexudicial para a biodiversidade mariña e a produción pesqueira. Unha parte dos montes submarinos do Banco de Galicia contan con depósitos metálicos de potencial interese económico para as empresas mineiras
Colectivos investigadores ven insuficientes as melloras que recolle o 'Plan de choque para a ciencia'
Unha ducia de entidades de todo o Estado, entre elas a galega Investigal, celebran algunhas das medidas anunciadas, que supoñen un investimento adicional de 1.056 millóns de euros en I+D+i, pero lembran os efectos dos recortes aplicados nos últimos anos e reclaman accións máis ambiciosas
Unha romaría en liña une este 25 de xullo os galegos e galegas dos cinco continentes
Está confirmada a participación de músicos como Bieito Romero, Carlos Núñez, Belém Tajes, Xabier Díaz, a familia Seivane, Zeltia, os irmáns Carlos e Fran Barcia, Dequenvessendo, David Carril e Son da Illa. O programa completarase coas colaboracións dos actores Touriñán e Diego Freire e do poeta Enrique Gavilanes.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas rexistra 7 casos novos de coronavirus, tres do brote da Mariña
Os "positivos activos" achéganse aos 200 e as cifras das áreas sanitarias da Coruña e Lugo seguen á baixa. Dos 202 casos activos, só sete están hospitalizados
Á praia, en bici: 'Vigo Ciclábel' propón rutas para achegarse aos areais sobre dúas rodas
A Golpe de Pedal, ConBici, Verdegaia, ADEGA, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Vigo Histórico, Mulleres Bicivisibeis e Fridays for Future lanzan unha campaña para fomentar o uso da bicicleta este verán, que se une á proposta de 'Biciminuto' impulsada hai unhas semanas na cidade olívica
Vellez Digna volve sinalar a xestión de DomusVi e reclama unha investigación parlamentaria sobre as mortes nas residencias
Cangas acolleu, como todos os domingos dende hai dous meses, unha manifestación dos familiares das persoas usuarias da residencia de maiores de Aldán, que demandan que "se recupere de inmediato a xestión pública das residencias públicas" e piden transparencia sobre o sucedido na crise da Covid-19