A Coruña
O barrio de Monte Alto lembra cun roteiro as "mapoulas libertarias" da resistencia antifascista na Coruña
O colectivo Refuxios da Memoria a a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica homenaxean ao grupo de mulleres anarquistas que cumpriu un papel fundamental na loita obreira contra a ditadura coa súa rede de casas-refuxio, asaltada pola Garda Civil o 10 de xullo de 1937.
Galicia en Común reivindica a xestión nas cidades e o "escudo social" como a base dun Goberno progresista
Pablo Iglesias acompaña a Gómez Reino no Palexco da Coruña nun mitin con duras críticas á xestión do PP nos seus 11 anos na Xunta e tamén ante o brote de coronavirus da Mariña. "A calidade dun gobernante mídese nos momentos complicados", dixo Martiño Noriega, que cargou contra a política sanitaria e de residencias de "Alberto Bolsonaro Feijóo"
Os Franco poñen á venda a Casa Cornide mentres se celebra o xuízo polo Pazo de Meirás
Unha inmobiliaria viguesa ofrece no seu portal web a propiedade que os herdeiros do ditador manteñen na Cidade Vella da Coruña pero non pon prezo.
Os cargos públicos da Marea Atlántica dedicarán parte do salario a financiar proxectos sociais
A formación aproba que os seus representantes no Concello e na Deputación destinen o excedente do soldo que marca o seu código ético a unha convocatoria para iniciativas sociais e á creación dunha asesoría gratuíta para persoas en situación vulnerable.
A Coruña peonaliza 11.000 metros cadrados no centro, recuperando para as persoas "o espazo que o coche lles foi quitando"
O Concello presentou o proxecto de transformación da zona dos Cantóns, que se licitará entre este ano e o que vén. O Goberno local destaca que “o obxectivo é levar esta acción a todos os barrios para que en todos gocemos de espazos de convivencia como se fosen o mesmo
centro da cidade”
A Xunta Electoral ordena ao Goberno galego non usar a obra do hospital da Coruña para "enaltecer" a súa xestión en precampaña
O BNG denunciou expresións divulgadas polo Executivo galego tras presentar as obras de ampliación do CHUAC como que é "a maior obra pública que se ten impulsado na área da Coruña en moitos anos". A Xunta Electoral estima parcialmente a súa petición e ordena retirar esas palabras do sitio web do Goberno galego
Reclamar “o roubado” por Franco non é delito de odio: A Audiencia rexeita a acusación da familia pola ocupación da Casa Cornide
As nove persoas que en setembro de 2017 despregaron unha pancarta no edificio coruñés serán xulgadas por delito leve
A Audiencia rexeita reabrir a denuncia do PP contra unha edil da Marea Atlántica polo antigo cárcere e confirma o arquivo
A Sala concorda co xulgado de primeira instancia en que Claudia Delso non cometeu os delitos de prevaricación, tráfico e influencias e malversación que o PP lle atribuía e tamén cre que "carece de fundamento" implicar o edil Xiao Varela ou ao ex-alcalde Xulio Ferreiro, como reclamaba a concelleira popular que recorreu
O PP emenda o novo regulamento das escolas infantís da Coruña por "impoñer o galego"
A formación conservadora volve ao discurso da "imposición" e alega contra a normativa, acordada entre PSOE e a Marea Atlántica, por "conculcar o dereito dos nenos a recibir a formación na lingua materna".
O Concello da Coruña advirte os hostaleiros de incumprimentos na reapertura de terrazas
A administración local alerta da imposibilidade de manter a distancia social ou entre mesas nalgúns locais durante este luns e amosa o seu malestar coa actitude dalgúns establecementos.
Voltaremos: máis de 6.000 euros en compras no comercio sadense para consumir tras o confinamento
A plataforma creada por varios veciños de Sada logrou vendas por valor de máis de 6.000 euros de produtos e servizos que se poderán gozar coa reapertura dos máis de 50 locais que se asociaron á iniciativa solidaria.