Casas de apostas pechadas polo Concello da Coruña reabren ao presentar unha autorización autonómica
En outubro o Goberno local ordenou a clausura dunha decena de establecementos por careceren de licenza municipal. Porén, case todos volveron abrir as súas portas valéndose dun permiso da Xunta co que xa contaban pero que non presentaran previamente.