Nace 'Fóra casas de apostas': "Loitar contra o xogo é loitar contra os grandes intereses do fútbol moderno"
A nova plataforma convoca unha manifestación o vindeiro venres 14 de febreiro na Coruña. Reclama a supresión de todos os salóns de apostas e máquinas nos bares e a posta por "un ocio distinto para a mocidade". Cualifica as medidas propostas por Garzón de meramente "paliativas" e pide ir máis aló