Os Franco poñen á venda a Casa Cornide mentres se celebra o xuízo polo Pazo de Meirás
Unha inmobiliaria viguesa ofrece no seu portal web a propiedade que os herdeiros do ditador manteñen na Cidade Vella da Coruña pero non pon prezo.
Unha inmobiliaria viguesa ofrece no seu portal web a propiedade que os herdeiros do ditador manteñen na Cidade Vella da Coruña pero non pon prezo.
A formación aproba que os seus representantes no Concello e na Deputación destinen o excedente do soldo que marca o seu código ético a unha convocatoria para iniciativas sociais e á creación dunha asesoría gratuíta para persoas en situación vulnerable.
O Concello presentou o proxecto de transformación da zona dos Cantóns, que se licitará entre este ano e o que vén. O Goberno local destaca que “o obxectivo é levar esta acción a todos os barrios para que en todos gocemos de espazos de convivencia como se fosen o mesmo
centro da cidade”
O BNG denunciou expresións divulgadas polo Executivo galego tras presentar as obras de ampliación do CHUAC como que é "a maior obra pública que se ten impulsado na área da Coruña en moitos anos". A Xunta Electoral estima parcialmente a súa petición e ordena retirar esas palabras do sitio web do Goberno galego
As nove persoas que en setembro de 2017 despregaron unha pancarta no edificio coruñés serán xulgadas por delito leve
A Sala concorda co xulgado de primeira instancia en que Claudia Delso non cometeu os delitos de prevaricación, tráfico e influencias e malversación que o PP lle atribuía e tamén cre que "carece de fundamento" implicar o edil Xiao Varela ou ao ex-alcalde Xulio Ferreiro, como reclamaba a concelleira popular que recorreu
A formación conservadora volve ao discurso da "imposición" e alega contra a normativa, acordada entre PSOE e a Marea Atlántica, por "conculcar o dereito dos nenos a recibir a formación na lingua materna".
A administración local alerta da imposibilidade de manter a distancia social ou entre mesas nalgúns locais durante este luns e amosa o seu malestar coa actitude dalgúns establecementos.
A plataforma creada por varios veciños de Sada logrou vendas por valor de máis de 6.000 euros de produtos e servizos que se poderán gozar coa reapertura dos máis de 50 locais que se asociaron á iniciativa solidaria.
A ponte que une o polígono da Agrela cunha área comercial, cualificada como "escultura excepcional" por Feijóo, está a ser reparada tras os danos causados pola choiva durante a súa pavimentación.
Esta plataforma, composta por 12 grupos de barrio e outros seis de traballo específico, fabricou e distribuíu máis de 3.000 máscaras de protección, atendeu necesidades alimentarias de emerxencia e emprestou acompañamento emocional en toda a cidade
Grupo Industrial Riesgo faise co 74% do capital de Alu Ibérica menos dun ano despois de que as plantas fosen mercadas polo fondo de investimento suízo Parter.