A Xustiza avala a baixada de tarifas nos buses da Coruña polo "excesivo" beneficio da concesionaria
Dá a razón ao anterior goberno local, que reducira o prezo do billete e implantara a gratuidade entre os menores. A sentenza advirte do "desproporcionado equilibrio entre o beneficio da compañía e o interese público dos cidadáns".