O bosquexo do plan para "reordenar" os terreos portuarios da Coruña non alude á anulación da débeda que piden todos os partidos
O borrador do protocolo que negocian as administracións para os futuros usos dos peiraos coruñeses obvia a condonación da débeda que reclaman Concello e Xunta pero que nega Puertos del Estado. A alcaldesa da cidade séguea o goberno local nega a posibilidade de "privatización" dos peiraos da que alertan Marea, BNG e varias entidades sociais e aposta por vivenda de protección oficial en San Diego. A alcaldesa coida que a condonación da débeda segue sendo "cuestión de vontade política"