PSdeG, Marea e BNG pactan o orzamento da Coruña e sinalan como exemplo a súa maioría "progresista e galeguista"
"A imaxe de tres grupos progresistas asinando un acordo orzamentario, un acordo de mandato, ten que ser a imaxe normal no escenario político. E non só a nivel municipal", subliña a alcaldesa da Coruña sobre unhas contas que roldarán os 260 millóns de euros e que prevé ter en vigor no inicio de 2020