Acontece
Galicia lidera o abandono da materia de Relixión: do 91% ao 53% en vinte anos
A porcentaxe de alumnado que cursa a materia confesional en Primaria descendeu abruptamente dende o inicio deste século e sitúase xa por debaixo da media do Estado. En ESO e Bacharelato a redución é máis lenta. Hai grandes diferenzas entre os centros públicos, nos que houbo un cambio maior, e os privados, nos que a a Relixión mantén máis forza.
Galicia acouta as bebidas enerxéticas: entra en vigor a lei que as prohibe aos menores
Desde este sábado, o país convértese na primeira autonomía que equipara estes produtos ao alcohol e o vapeo ao tabaco, cunha norma que prevé aplicar tamén o Goberno de España. O consumo, posesión ou transporte destes refrescos estimulantes supón multas para a rapazada de entre 200 e 3.000 euros que poden subir a 15.000 para os adultos que llelos faciliten.
Fora da Galiza também há galeguistas de mérito
Manuel Miragaia
O'Mega teima na folga médica e acusa o Sergas de "soberbia" e "actitude hostil"
O paro indefinido na atención primaria continúa tras fracasar de novo as negociacións entre o sindicato médico convocante e a Consellería de Sanidade e logo de suspenderse 17.000 consultas en tres días.
Galicia rexistrou o febreiro con máis chuvia desde 1979
Meteogalicia confirma o conxunto do inverno como o máis húmido desde 2000, pero cunhas temperaturas máis elevadas que o habitual
Condenado un garda civil de Monforte por enviar mensaxes sexuais a unha subordinada
O Tribunal Militar da Coruña considérao culpable dun delito de abuso de autoridade na modalidade de acoso sexual e condénao a seis meses de cadea e suspensión de emprego
O Supremo condena a CRTVG por restrinxir os permisos para ir ao médico
O alto tribunal rexeita o recurso de casación da compañía contra unha sentenza da TSXG que xa lle advertira de que non podía poñer requisitos a maiores a quen optase por unha clínica privada. A corporación exixía ao persoal un xustificante médico que certificase que a súa atención estaba incluída na carteira de servizos públicos ou que non se podía realizar fóra do horario laboral, comprometendo ademais a protección de datos.
Therians: identidade e adolescencia nun tempo de viralización
Ricardo Fandiño Pascual
O Sergas minimiza o apoio á folga na atención primaria e Rueda lembra que só a convoca O'Mega
O sindicato médico cifra o seguimento do paro indefinido iniciado hoxe nun 71%, cifra que a Consellería de Sanidade reduce a menos do 6% na quenda de mañá.
A comunidade educativa reclama nas rúas máis persoal para atender a diversidade ou melloras no estado dos centros
Santiago, A Coruña, Vigo e comarca... a comunidade educativa galega está farta e, en consecuencia, está en loita. Este sábado saíu á rúa na Coruña e en Santiago, como xa o fixera en Vigo e comarca o xoves. Alerta de deficiencias graves nas instalacións, falta de persoal docente e recursos, ratios abusivas que impiden a atención real á diversidade, ausencia de persoal de coidados ou falta de persoal de mantemento, limpeza ou administración.
Fiscalía pide cadea para un empresario por falsificar que dera equipo de protección a un traballador falecido
Tras o accidente laboral mortal o empresario "guiado polo ánimo de exonerarse" presentou "documentación encamiñada a facer crer" que facilitara ao falecido formación de seguridade e equipos de protección