- Obituario
- Cultura
Morre Alonso Montero, "mestre de mestres"
O intelectual finou en Vigo aos 97 anos de idade. Catedrático da USC e presidente da RAG entre 2013 e 2017, destacou dende os anos 60 con obras de sociolingüistica como O porvir da lingua galega (1968) ou o Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), que alertaban da perda de falantes. Afiliouse en 1962 ao Partido Comunista, unha militancia marxista que nunca abandonou e unha visión de clase que marcou o seu traballo noutras áreas.