'Sirât' arrasa nas categorías técnicas e Alberto Vázquez acada o seu quinto Goya con ‘Decorado’
O filme Sirât, do galego Oliver Laxe, acadou seis dos once premios da Academia de Cinema aos que optaba e converteusa na película con máis trofeos da noite. Os Goya recoñeceron a Sirât nas categorías de Arte, Fotografía, Produción, Son, Montaxe e Música. Alberto Vázquez, pola súa banda, gañou o Goya ao Mellor Filme de Animación con Decorado.