Cultura
- Entrevista | Ánxela Lema París
- Cultura
"Todo o discurso do amor que recibimos é nunha liña moi concreta para que non nos saiamos do guión"
Ánxela Lema París é doutora en Estudos Literarios e de Xénero e participa no Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) da Universidade da Coruña. Xunto a Ana M. Amigo-Ventureira, que xa era unha referente para ela nas cuestións da memoria bisexual, coordina o libro colectivo Insubmisión ambigua. Voces e relatos alén da monosexualidade, editado por Xerais, no que participan Sara Villar Aira, Patricia Freire, O Rabelo, Daniel Gutiérrez, María Reimóndez, Lucía González Castro, Nuria Vil, Mario Regueira, Almudena González, Bel, A., Ana Luna, Kaia Baena Mínguez, Estrela Rivas, Ártemis López, Éric Dopazo, Aranxa Vicens, Bea Saiáns e Nelu Vermouth
"Orgullo de aldea con ausencia de complexos": toda a programación da décima edición do Castelo Conta
O Castelo Conta é un festival que comparte saberes e que organiza actividades verdadeiramente interxeracionais. Dez días de cultura e comunidade, do 22 ao 31 de agosto, nesta aldea de Culleredo que xa é referente para todo o país
O Galician Freaky Film Festival programa catro filmes de culto na súa novena edición en Vigo
O festival, que inclúe un certame de curtametraxes, un concurso de cómic e actividade para crianzas (Pequefreak), celebrarase entre o 19 e o 27 de setembro no C.C. Plaza Elíptica de Vigo. Young Frankenstein, Bride of Re-Animator, X: The Man with the X-Ray Eyes e The Rocky Horror Picture Show encabezan unha programación dedicada ao arquetipo do 'Mad Doctor'.
'Amorodios': un encontro entre o jazz e o tradi liderado por Xan Campos coa voz de Faia
Amorodios é un lugar de encontro e unha meta, é un proxecto musical pero que vai máis alá porque influencia as vidas dos seus participantes. É unha xanela aberta á experimentación dende o jazz e o enfoque da música tradicional galega, é a primeira vez que o músico cangués Xan Campos compón letras para acompañar as súas músicas. Tamén é a primeira vez que Faia Díaz canta ‘cancións’ con base de jazz. E en setembro será a primeira vez que os dous artistas, xunto aos músicos Virxilio da Silva e Iago Fernández, entren nun estudio de gravación para darlle forma ao que será o primeiro álbum do proxecto. Mais antes, o vindeiro luns 18 de agosto, o cuarteto actuará en Cedeira no marco de Festival Jazz de Ría
Galenglish ou galespanglish? Na procura dun termo para o contacto entre linguas en territorios anglófonos
Os galegos asentados nos Estados Unidos adoitan ser galegofalantes, mais estudaron o castelán nas escolas dunha sociedade diglósica. Este substrato lingüístico, ao entrar en contacto co inglés, dá lugar a unha serie de realizacións na fala que xa Castelao documentou en 1930.
Un fanzine, unha ruptura e unha aposta pola ilustración: Julia Abalde gaña o II Premio Autobán
A artista coruñesa Julia Abalde é a segunda gañadora do Premio Autobán ao mellor fanzine galego con 'La ilusión', unha obra centrada no que pasa despois dunha ruptura amorosa na que combina poesía e ilustración
O cine galego, protagonista no OUFF da man de Paula Cons, Lois Patiño ou Paula Veleiro
O Ourense Film Festival (OUFF) celebrará a súa trixésima edición entre o 26 de setembro e o 5 de outubro. Farao cunha destacada participación de filmes galegos, dentro da Sección Oficial Panorama Galicia. E cun récord de participación, pois máis de 1.400 traballos de 89 países optan a entrar na súa Sección Oficial.
Levitando, que é xerundio
Xavier Queipo
- Crónica | Abride a fiestra
- Cultura
Berta Dávila e a experimentación, das novelas aos guións de cine
A escritora compostelá conversou no festival Abride a fiestra da Casa de Rosalía arredor da súa última novela, a que está por vir e sobre a aventura de escribir a catro mans co cineasta Álvaro Gago o guión do seu próximo filme
Castelo Conta moito máis ca un festival: un lote de proxectos para impulsar o rural
A asociación que organiza unha festa de dez días na aldea de Culleredo impulsa moitas máis iniciativas durante todo o ano para vertebrar o territorio, conservar a memoria da parroquia e preservar o seu patrimonio implicando a veciñanza. Un exemplo da forza e do poder da cultura local.
"Redescubrímonos con cada traballo, o que ofrecemos son as nosas ideas"
Volvémonos xuntar con Sara Faro e María SOA en Vigo e repasamos os fitos desta carreira –de fondo– artística que lle deu a volta ás súas vidas. Fillas de Cassandra veñen de publicar o EP Hibernarse e axiña pararán para crear o que será o seu segundo álbum