- Entrevista | Sandra Lodi
- Cultura
"Interesábame darlle unha volta á visión vulnerable das señoras maiores"
Sandra Lodi está a percorrer o país co seu primeiro cómic, Adelina, a historia dunha muller que foxe da residencia de maiores na que vive e inicia un periplo para volver ao seu fogar. Un camiño no que deixa claro que mantén a súa dignidade intacta. Esta obra, publicada por Galaxia o pasado mes de novembro, recibiu o Premio Castelao de banda deseñada na edición de 2024.