Cultura
Pontevedra abre a semana Feroz preparada para un aluvión de estrelas do audiovisual
Os equipos de 'Casa en flames' e 'Querer', producións con máis candidaturas, encabezan as presenzas confirmadas na gala que se celebra este 25 de xaneiro no Pazo da Cultura. Pedro Almodóvar, Najwa Nimri, Candela Peña ou Carmen Machi estarán en Pontevedra para unha entrega de premios que xuntará os equipos dos filmes e series máis destacados do último ano. La 2 de TVE retransmite o acto ao vivo
Carta aberta ao Director Xeral da CRTVG
Marta Dacosta
Galaxia celebra 75 anos a "crear porvir"
Tres exposicións, foros de debate, premios literarios e varias publicacións conmemorativas destacan no programa do aniversario da editorial, que fai votos por "permanecer fiel aos principios fundacionais" nunha celebración que terá como acto central unha festa o 6 de setembro
- Obituario
- Cultura
Bernardino Graña, poeta do mar e do amor
O escritor cangués falece aos 92 anos, pero a súa luz permanece. A RAG, da que era membro dende 2010, lembra a súa "sensibilidade", "alegría de vivir" e "inquebrantable lealdade á terra". Marcha un poeta e, subliñan, sobre todo déixanos "unha excelente persoa, leal, alegre e cariñosa"
- Entrevista | Mocho Gris
- Cultura
"Ao recoñecernos como un galego e un portugués que fan música xuntos optamos por que cada un trouxese a súa tradición"
Mocho Gris é a unión musical do galego Lucas de Centi e do portugués João Neves, que se coñeceron estudando música en Lisboa hai case unha década. Un proceso meditado de experimentación musical á parte dos outros proxectos que teñen ambos que florece no álbum 2, que vén marchar esa dualidade de estar no medio de algo, aínda que no seu caso hai moitas máis cousas que os unen das que os separan
Nova Galega de Danza celebra os vinte anos da compañía con tres espectáculos en escena
'Dique', 'Berro' e 'Leira' son as tres pezas de danza que a compañía Nova Galega de Danza programa para o seu vinte aniversario. Co apoio da Deputación da Coruña vai encher o Teatro Colón este venres, sábado e domingo
O uso do artigo nos topónimos dos países
L. C. Carballal
'Atentamente', a última palabra que escribiu Vicente Aleixandre
Manuel Vázquez
Galego na escola. Feitos e procuras. Derrubando valados (1963-1976)
A lingua galega só chegaba á porta das escolas, pero as escolas impoñían os valados da españolización, aínda moi fortes anos despois da desaparición biolóxica do franquismo. A partir de 1975 recomezouse a propoñer a necesidade de incorporar a lingua galega ao espazo social, dándolle lexitimidade, e por iso, apuntando igualmente á necesidade da súa incorporación ao sistema educativo, baixo o reclamo Galego na escola. Antón Costa debulla a loita polo ensino en galego nos últimos anos da ditadura.
'Sempre en Galicia' de Montevideo
Manuel Suárez Suárez
"A cultura é cultura, non se trata do orzamento senón do que ti poidas ou queiras transmitir"
O último home sitúanos na extinción da humanidade. O actor, poeta e dramaturgo Manuel Cortés volve á poesía e a leva a escena mesturada coa comedia, pois non podía ser doutra forma. Para esta nova aventura teatral conta con Borja Fernández na dirección, o espazo sonoro de Russ en directo, o espazo escénico de Carlos Alonso, o deseño de iluminación de Laura Iturralde, o vestiario de Elena Cortés e os audiovisuais de Samuel Cortés