Amorodios é un lugar de encontro e unha meta, é un proxecto musical pero que vai máis alá porque influencia as vidas dos seus participantes. É unha xanela aberta á experimentación dende o jazz e o enfoque da música tradicional galega, é a primeira vez que o músico cangués Xan Campos compón letras para acompañar as súas músicas. Tamén é a primeira vez que Faia Díaz canta ‘cancións’ con base de jazz. E en setembro será a primeira vez que os dous artistas, xunto aos músicos Virxilio da Silva e Iago Fernández, entren nun estudio de gravación para darlle forma ao que será o primeiro álbum do proxecto. Mais antes, o vindeiro luns 18 de agosto, o cuarteto actuará en Cedeira no marco de Festival Jazz de Ría