Cultura
Unha exitosa singradura de 75 anos en Montevideo
Manuel Suárez Suárez
Dos 'Cantares gallegos' de Rosalía ás mulleres que os fixeron posibles: a Academia entrégase ás cantareiras
A RAG desenvolverá ao longo das Letras Galegas 2025 iniciativas concibidas para públicos de distintas idades que combinarán a divulgación na rede con actos públicos. Paula Carballeira e Nuria Díaz encárganse da obra orixinal para público infantil da Primavera das Letras, e Damián Varela e Alba López Álvarez presentan a serie documental Se canto é porque quero
O Festival Rosalía celebra "sen pombas nin flores" unha poeta "rebelde, moderna e con vontade de intervir socialmente"
Santiago acolle na fin de semana do 22 e 23 de febreiro a sétima edición do festival, que celebrará o venres 21 unha sesión inaugural na Casa da Matanza de Padrón. O programa, no que destaca o proxecto Somos Pandereteiras de Mercedes Peón, inclúe recitais, animación de rúa, concertos e teatro. O domingo 23 as actividades comezarán ás 13.30 horas para non solaparse coa manifestación de Queremos Galego
O Museo de Lugo acolle a mostra "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", con fotografías de Xan Carballa
O Museo Provincial de Lugo vén de inaugurar a mostra fotográfica "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", que reúne 52 imaxes tomadas polo fotoxornalista Xan Carballa durante o regreso a Galiza dos restos de Castelao, o 28 de xuño de 1984.
Falece Xosé Vizoso, prolífico artista alén de Sargadelos
Xosé Vizoso faleceu apenas nove días despois de ser homenaxeado no Día da Ilustración, celebrado o 30 de xaneiro. Co galo deste recoñecemento moitas persoas puideron achegarse á prolífica traxectoria de Vizoso, que foi do deseño gráfico á ilustración, pasando pola escultura, a escenografía teatral, o cartelismo, a ilustración de libros, os murais ou as caricaturas
"A forza da música galega na capital europea": o EmigraSon medra e consolídase na súa terceira edición
O festival galego en Bruxelas, organizado por mocidade emigrada, regresa este vindeiro 22 de febreiro e esgotou todas as entradas malia triplicar o número de billetes. Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Terbutalina e De Ninghures conforman o cartel deste ano.
Nin superheroínas nin pobriños: o teatro pon o foco na discriminación da discapacidade
Nada se sabe é unha obra de teatro inclusivo na que un elenco de catro actores e actrices cuestionan o que sabe a sociedade sobre a discapacidade. "Por que temos que ter etiquetas?", pregúntanse. É unha produción do Centro Dramático Galego con Culturactiva Producións que se pode ver ata o domingo no Salón Teatro de Compostela
Sabiades como xurdiu o personaxe do Zorro?
Davide Castelo Fraiz
'The Seed of the Sacred Fig' de Mohammad Rasoulof. Mulleres e resistencia en Irán
Sabela Álvarez Núñez
'Rapa', 'As Neves', '+Cuñados' e 'Honeymoon' encabezan as candidaturas duns Mestre Mateo que saen das cidades
Lalín acollerá o vindeiro 15 de marzo a entrega da 23º edición dos galardóns do audiovisual galego, nunha cerimonia que, por primeira vez, se celebrará nunha vila do rural. Rapa suma 18 finalistas, fronte ás 12 de As Neves, as 10 de Honeymoon e as 7 de + Cuñados. Teté Delgado será a encargada de presentar a gala no Lalín Arena.
- 📺 Reportaxe Ano Castelao
- Cultura
O cuarto 202: veneración permanente ao "inmorrente" Castelao
O hospital do Centro Gallego de Bos Aires mantén inalterable o cuarto onde faleceu o histórico político galeguista hai 75 anos, mesmo despois da venda do edificio a un grupo sanitario, cuxo contrato especifica que a estancia pertencerá sempre á colectividade galega. "Aquí remóvense os sentimentos do galeguismo", di Ramón Suárez, presidente da histórica entidade.