- Entrevista | César Portela
- Cultura
"As obras que máis quero son aquelas que me formularon máis problemas e fun quen de superar"
A emoción na arquitectura de César Portela salpica recunchos por todo o mundo en grandes proxectos como o Museo do Mar de Vigo ou a premiada estación de autobuses de Córdoba mais tamén, e sobre todo, nos pequenos, nas menos coñecidas pero moi amadas casas unifamiliares que Portela denomina “as miñas casas”. Di César Portela (Pontevedra, 1937) que as obras máis queridas son seguramente ás que lle ofreceron máis problemas e desafíos que tivo que solucionar. Con esa filosofía recoñece que seguramente a rehabilitación do Teatro-Cine Fraga de Vigo será das súas obras preferidas, porque problemas houbo abondo.