Conta atrás para a gran noite da música galega: 57 finalistas para os Premios Martín Códax
Este mércores 28 de maio o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle un ano máis a gala de entrega dos galardóns, nos que as cantareiras serán protagonistas a través do Premio Honorífico a Leilía que entrega Músicas ao Vivo. 19 categorías recoñecen o mellor do ano na escena do país e ás salas, festivais e medios de comunicación que axudan ao desenvolvemento do sector.