Cultura
Maruja da Crega, símbolo e misterio dunha cantareira
Carlos Amoedo
Moita música e homenaxes ás cantareiras en todo o país para celebrar o Día das Letras
Durante toda a fin de semana -xa dende este venres- cidades e vilas de todo o país van acoller actos de celebración, centrados principalmente nas cantareiras e na poesía oral popular. Os actos centrais terán lugar este sábado, pois Malpica acollerá o pleno extraordinario da RAG e en Santiago está convocada a manifestación pola lingua
Cantareiras na tele: do histórico documental de RTVE ao 'Non canto por cantare'
Dous traballos audiovisuais con máis de 40 anos entre si reflicten a transmisión da música tradicional á que rende homenaxe o Día das Letras Galegas, dende as recolleitas e o privado aos públicos masivos: unha histórica peza documental de Tereixa Navaza en 1983 coas Pandeireteiras de Mens que vén de recuperar RTVE e a serie 'Non canto por cantare', que Irene Pin estrea en Agalega.gal
'Vitamina G' gaña o Premio DigochoEu: pulo para o galego dende o barrio máis mestizo do país
Trátase dunha iniciativa do CEIP Sagrada Familia da Coruña, na que o alumnado de 5º de Primaria, coordinado pola mestra Mariña Lema, realiza vídeos curtos para mellorar o uso da lingua. A cuarta edición dos galardóns do proxecto da CRTVG entregou este martes os seus premios, recoñecendo tamén o CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda, ademais de centros de O Grove, Ferrol, Fonsagrada e Ponteceso.
Tanxugueiras, Queralt Lahoz, Guadi Galego... Así van soar as festas máis picheleiras
O día da Ascensión cadra este 2025 a 29 de maio e é en torno a esta xornada, do 28 de maio ao 1 de xuño, no que se celebran as festas máis picheleiras, cargadas desta volta de música, en gran medida de música galega
Leilía, homenaxeadas nos Premios Martín Códax polo "papel pioneiro" na recuperación do cancioneiro tradicional
A formación, que se despediu o ano pasado dos escenarios tras máis de 30 anos de traxectoria, recollerá na gala do 28 de maio en Pontevedra o premio honorífico dos galardóns impulsados por Músicas ao Vivo, que destacan a súa importancia como "transmisoras deste legado" e que abriron camiño a outras bandas e artistas.
- Entrevista | Richi Casás Letras Galegas 2025
- Cultura
"O reto agora é crear sobre as músicas tradicionais unhas letras que para nós teñan sentido"
"Cada día aprendo máis cousas sobre a función da música na nosa cultura, da súa utilidade e os beneficios que trae para cada persoa que a escoita e a goza", confesa o músico Richi Casás, neto e sobriño das cantareiras de Cerceda, Rosa e Adolfina Casás, que se encargou de crear unha banda de música especialmente para o Concerto das Letras que organiza o Consello da Cultura Galega este ano en Carballo
Chévere recupera 'As fillas bravas de Momán', a historia de tres mulleres "que cantan o que lles peta"
A obra, estreada en 2014, foi ampliada e actualidada co gallo do Día das Letras dedicado ás cantareiras e representarase estes días en Betanzos, Carballo e Bergondo. O espectáculo é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego.
- Reportaxe
- Cultura
'Sophie non é o meu nome de guerra': a dignidade dunha muller fronte ás violencias para que a súa historia non se repita
Sophie non é o meu nome de guerra é un berro creativo de Roberto Pascual, a súa ópera prima como dramaturgo tras dirixir a MIT de Ribadavia entre 2009 e 2024. As actrices Alixa Ladson e Camille Hedouin protagonizan a montaxe, que dirixe Laura Míguez. O Teatro Colón da Coruña acollerá o venres 23 de maio, ás 20.00 horas, a estrea deste espectáculo de Redrum Teatro financiado pola Deputación da Coruña
"Agora vou cantar eu que xa hai que non cantei": o CCG acompaña as Letras cun libro que é unha foliada
O Consello da Cultura presentou a publicación conmemorativa da institución para o 17 de maio, un libro coordinado pola musicóloga Beatriz Busto Miramontes que inclúe unha escolma de 94 cantareiras a partir do corpus do Cancioneiro popular galego, unha antoloxía que "é en certo modo unha foliada". Ademais, unha ducia destas cantaruxeiras son ilustradas por Cestola na Cachola nun especial transmedia que incorpora audios e vídeos.
'Rosalía en Camiño': un diálogo coa poeta en galego, catalán, castelán e éuscaro
Oriana Méndez, Oliver Laxe, Castillo Suarez, Maria Sevilla, Gonzalo Hermo e Juan Andrés García Román son os protagonistas desta edición