Estudios Abertos Ourense: unha sorte de feira de arte que abre as portas dos talleres de artistas
Un total de 14 espazos e máis de 25 artistas compartirán o seu traballo e modo de crear do 25 ao 27 de outubro na I Edición de Estudios Abertos Ourense
Un total de 14 espazos e máis de 25 artistas compartirán o seu traballo e modo de crear do 25 ao 27 de outubro na I Edición de Estudios Abertos Ourense
O debate sobre as orixes de Cristóbal Colón cobrou máxima actualidade tras a emisión do documental Colón ADN, criticado pola falta de rigor e metodoloxía científica. Unha das teorías que afirma que a familia do navegante era galega, enunciada por Celso García de la Riega en 1898, baséase en documentación medieval que fora acusada de ser falsa. Porén, o traballo da empresa compostelá dehistoria proba a veracidade das escrituras. Isto, iso si, só amosa que había persoas con ese apelido na cidade, sen existir máis que probas circunstanciais da relación de Colón con Galicia.
Chus Pato, Nomes e Voces, Jaione Camborda, a Feira do Queixo de Friol ou o Café Derby 21, entre as persoas e proxectos distinguidos nuns galardóns que homenaxearon o pintor Antón Pulido no seu 80 aniversario
Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, recibe o premio de honra do Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde. "Os títeres antigamente eran máis críticos co poder", sinala Tatán, quen considera que agora existe "unha especie de autocensura que provoca que algúns temas parezan intocables"
A sala coruñesa está a celebrar o seu 25 aniversario, cunha traxectoria de máis de 3.500 concertos organizados. Faino cunha programación especial ata o 1 de febreiro, que incluirá un cento de actuacións. Falamos con Tomi Legido, programador do local, sobre o momento que vive a música ao vivo, as necesidades do sector e o obxectivo de espallar pola cidade a cultura musical.
"Que define un poema? A perfección do cálculo, que non se poida quitar nin o punto dun i porque, se o fas, o poema colapsa", di Chus Pato, recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2024 por Sonora (Xerais). Unha poeta que quere que a lean e, máis, que a entendan
Entre o 6 e o 10 de novembro Ledicia Costas impulsa este festival de humor, literatura infantil e música para celebrar a vida de Miguel Ángel López, o Hematocrítico. Amaral, Nacho Vigalondo, Carolina Iglesias, Paco Roca, Nus Cuevas, Lucía Aldao, Laura Márquez, Noel Ceballos, Berto Romero, La Ruina, Amaro Ferreiro e Joe Crepúsculo, entre moitos outros, estarán en Vigo para o Hemato Festi
Da man de Nós Televisión o escritor e líder dos Diplomáticos de Monte Alto percorre o país para, da man de protagonistas da escena musical presente e pasada, celebrar o trixésimo aniversario do movemento que xuntou os grupos rock que bouraban na Galicia dos 90. A estrea da peza en Chantada, o 25 de outubro, dará paso a semanas de celebración do bravú por diversos puntos de Galicia. Contra finais de ano o documental chegará ás plataformas de Movistar e R
Carabela, Gloria Pavía e Rafa Morales e mais CintAdhesiva participan este sábado en Santiago na final do Premio Narf da Deputación da Coruña cos De Ninghures como convidados
A Câmara Municipal do Porto acolle un novo acto de irmandamento galego-portugués a través da figura de Rosalía de Castro. Unha filla da Figueira de Rosalía queda platada nos xardíns do Palácio de Cristal nun evento ao que asistiron os presidentes da Xunta, do Parlamento e da Fundación Rosalía xunto ao alcalde do Porto