Cultura
O Día dos Medios en Galego celébrase na Coruña con Leria e A banda da Loba
O coruñés Playa Club acolle este 7 de febreiro o acto central da celebración organizada pola Asociación de Medios en Galego baixo o lema 'A lingua que nos une'
Exército Mekemeke, Sara Seco, Prado Rúa ou Rebelico, gañadoras dos Premios Youtubeiras da "fachenda"
O Pazo da Cultura de Narón acolleu a gala de entrega, presentada por Javi Sánchez e na que actuou o grupo De Ninghures. Botando man do lema desta oitava edición dos premios, Fachenda ao cadrado, a gala incidiu na fachenda pola traxectoria dos galardóns e pola grande actividade desenvolvida pola comunidade creadora de contidos en galego
A 'tanxugueira' Aida Tarrío e Raül Refree convértense en fillos de Rosalía no proxecto 'Gala i Ovidio'
O novo proxecto musical, que toma o nome dos xemelgos que Rosalía de Castro deu a luz en 1871, lanza o sinxelo De maio a abril, ao que seguirán novos traballos nos vindeiros meses. O dúo comezou a traballar en 2021 no Pazo de Mariñán coa tradición musical galega, dende a que foron atopando novos territorios onde a tradición se intúe e os xéneros dilúense"
- Entrevista | A banda da Loba
- Cultura
"A música é unha mestura dunha inquietude artística persoal cun labor social, e é moi militante"
A banda da Loba son Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra), que chega á formación substituíndo a Inés Mirás. Lovismo é o seu quinto álbum, once cancións unidas por un fío vermello desde o corazón. A presentación será nun concerto na Sala Capitol de Santiago este sábado, 1 de febreiro
'21 días co galego' fai doce anos e inclúe este ano regueifas, contacontos e música
A 13ª edición da iniciativa chegará a dez centros de Infantil e Primaria e a 4.000 persoas entre alumnado, profesorado e persoal de servizos.
Defender o galego, do galego de qualidade ao galego áureo
Joám Lopes Facal
A constancia da honestidade
Luz Darriba
Así soaba Castelao: o Consello da Cultura recupera a única gravación coñecida da súa voz
Castelao non puido asistir á estrea en Montevideo de Os vellos non deben de namorarse o 8 de outubro de 1941. Así que enviou un discurso a través dunha fonopostal, que se emitiu no teatro antes da representación
Xosé Vizoso, o artista que creou unha linguaxe propia para a cultura popular
Vizoso é o primeiro artista vivo ao que se reivindica no Día da Ilustración, que se celebra cada 30 de xaneiro coincidindo co nacemento de Castelao. A súa prolífica traxectoria vai do deseño gráfico á escultura, a escenografía ou o cartelismo
Nin Otero, nin Feijóo: en liña a guía definitiva de apelidos galegos para restituír as formas propias
A Real Academia Galega presenta esta nova ferramenta, con máis de 6.000 nomes de familia que abranguen o 95 % da poboación galega, que facilita a recuperación da forma xenuína e permite descargar un informe que acredita cal é o xeito correcto dos apelidos alterados.
A Bernardino Graña. Lembranzas do in illo tempore
Xosé Antón Jardón