Cultura
- Entrevista | Santi Jul
- Cultura
Ven cantar con 'Bibopalula', os paxariños que montaron unha banda para bailar en galego coa rapazada
Este venres o Xabarín estrea 35 capítulos máis de Bibopalula, que nas últimas semanas se converteu na produción máis vista na plataforma de contidos dixitais da CRTVG. Unha das claves do éxito da serie é a música, composta por Iván Laxe e Santi Jul, con quen falamos sobre o reto que supuxo compoñer 55 cancións distintas en moi diferentes estilos
Lucía Veiga e Luis Tosar compiten nos Goya polas súas interpretacións en 'Soy Nevenka' e 'La infiltrada'
Lucía Veiga foi seleccionada para competir polo Goya á mellor actriz revelación na gala que se celebrará o 8 de febreiro de 2025 en Granada. Veiga interpreta á edil do PSOE Charo Velasco no filme Soy Nevenka, de Icíar Bollaín. Luis Tosar podería gañar o seu cuarto Goya nesta edición polo seu papel en La infiltrada, que dirixe Arantxa Echevarría
"Chiflaso", "Ghicho", "Ghaldrumeiro", "Pisca-pisca"...: 'A fala de Vigo' recolle o galego falado na cidade do Val do Fragoso
O profesor Xosé-Henrique Costas publica A fala de Vigo.Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal, unha obra que detalla as características do galego falado en Vigo e que afirma con rotundidade que “é moito máis que o centro urbano castelanizado". O libro define 400 palabras de uso común na cidade, ademais de frases feitas e refráns
A arracada de Vilar de Santos no centenario da súa descuberta (1924-2024). Notas sobre a súa importancia
Bieito Pérez Outeiriño
"Isto non está montado para que a unha tipa gorda e bollera lle pareza o mellor plan do mundo dedicarse á música"
Lucía Aldao di que leva toda a vida facendo o mesmo: xogar coas palabras. A poeta e compositora coruñesa publica o seu terceiro disco como Pava e estrea banda xunto a Analís, David Santos e Pablo Silva. Tras recibir o Premio Martín Códax 2023 na categoría Pop e Indie presentan Pava 3, cinco cancións a non perder que se poderán escoitar só en formato dixital a partir do 19 de decembro
Os Bolechas contan agora a historia de Galicia
Cunha biblioteca de 24 volumes e unha serie na plataforma infantil da CRTVG, o proxecto pretende "achegar dende maneira lúdica e dende o galego os nosos persoeiros e tradicións" ás crianzas a través dos personaxes infantís creados por Pepe Carreiro, "que se converteron nun símbolo da nosa identidade"
Aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu/miña, candidatas a ser Palabra do Ano 2024
Ata a medianoite do 25 de decembro poderá votarse de forma telemática no proceso aberto pola Academia e a Fundación Barrié. Cantareira, dina ou emerxencia climática son termos moi ligados á actualidade, ben pola celebración das Letras Galegas do vindeiro ano, ben polos efectos do cambio climático. A voz meu/miña preséntase como alternativa de noso ao anglicismo bro, popularizado nos últimos anos e de utilización moi estendida entre a mocidade
- Entrevista | Elías León Siminiani
- Cultura
"Fascinoume a idea de recuperar unha utopía nun tempo de distopía"
O documentalista Elías León Siminiani dirixe a serie 'El circo de los muchachos', producida por Vaca Films e Amazon, que xa se pode ver na plataforma de Amazon Prime. A historia do que sucedeu en Benposta narrada de principio a fin, con entrevistas dos xornalistas Marga Pazos e Luís Pardo a moitos daqueles nenos que formaron parte do proxecto do cura Jesús Silva
- Entrevista | Catuxa Salom
- Cultura
"Aínda que cante sobre o amor busco sempre como darlle unha volta máis para dar pé á reflexión"
Catuxa Salom vén de publicar o seu primeiro álbum, Caldo, no que pon en valor a rede de coidados que experimenta onde vive, na comarca da Ulloa. A fusión de ritmos indíxenas arxentinos, o folclore galego e as bases electrónicas consolídanse neste disco que presentará en directo en 2025.
Darío Xohán Cabana, Fuxan os Ventos, Maruja Mallo ou Maruxa Villanueva? A cidadanía de Lugo vota o nome do seu auditorio
O Concello lanzou este luns na súa web unha consulta pública para que a cidadanía maior de 15 anos decida entre catro opcións para dar nome ao novo equipamento, que se inaugurará o 20 de decembro cun concerto gratuíto de Ainhoa Arteta. Será o final da longa historia dun edificio inaugurado xa por Feijóo en 2016, pero que só foi entregado á cidade en 2020 e con graves problemas de filtracións e humidades que tiveron que ser resoltos polo Goberno municipal.
- Galería de imaxes
- Cultura Pontevedra
Unha gran pandeiretada pecha o Culturgal 2024, polo que pasaron 12.700 persoas
Durante as tres xornadas pasou polo Pazo da Cultura de Pontevedra o máis destacado da cultura galega, con propostas para todos os públicos (cunha intensa programación para a rapazada) e espazos para todas as artes, dende a literatura á música, pasando polas artes escénicas e plásticas, pero tamén os videoxogos