Cultura
O éxodo republicano de 1939 revive nas fotografías inéditas de Philippe Gaussot
María LopoO ingreso de María López Sández no pleno da RAG eleva a 9 o número de mulleres, cinco máis que hai unha década
O vindeiro 11 de marzo a filóloga e escritora ocupará a vacante deixada por Darío Xohán Cabana, finado hai dous anos. O seu discurso, Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego, será respondido por Marilar Aleixandre. As mulleres pasarán a ocupar o 32% dos postos, unha porcentaxe cativa pero por riba das academias española (20%), catalá (19%) francesa (17%)
A admiración de don Paco por Pondal e as sorpresas de Galaxia no seu ano das Letras
"Eran bicos de efusión á terra de onde se vén e a onde se vai", escribe Fernández del Riego sobre os versos de Pondal en 'Con Pondal en Bergantiños', o libro que inaugura a Biblioteca Fernández del Riego na Editorial Galaxia co gallo do Día das Letras para don Paco
‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ e ‘As que limpan’ encabezan as finalistas aos premios María Casares
As producións de Panadaría e o CDG suman nove candidaturas, mentres que Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro, e O Porco de pé, de Excéntricas, contan con seis. As que limpan, O porco de pé e O Deus do pop, de Diego Anido, optan ao galardón de mellor espectáculo. A gala terá lugar o 30 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
Tres mil nenos e nenas de Ames inician unha experiencia de inmersión lingüística: "fan serios esforzos por falar en galego"
Dende este luns todo o alumnado do segundo ciclo de Infantil e de Primaria desta localidade participa na iniciativa Modo galego, actívao!, que os anima a vivir en galego durante tres semanas dentro e fóra das aulas. Este proxecto piloto da RAG e do Concello de Ames podería ser replicado noutras localidades
Unha semana de cine en Lugo para reivindicar o audiovisual galego-portugués feito por mulleres
Este xoves comeza o ciclo Mulleres Atlánticas – Unha mirada en feminino, promovido polo Concello e organizado pola Asociación Cultural Valle-Inclán. Ademais, este martes a Deputación de Pontevedra e AGAPI levan a cabo un debate ao redor da “conciliación na produción audiovisual", que cualifican como "reto silenciado pendente”
"As mulleres que opinan" seguen sendo "perigosas": nova cita en Pontevedra e novo premio xornalístico
As xornadas volven xuntar xornalistas de medios e xeracións diversas. Aida Pena, Rosa María Calaf, Marta Peirano, Antía Paz ou Mara Torres, entre as relatoras do encontro que se celebrará o 17 e 18 de marzo no Teatro Principal pontevedrés
Músicas do instrumento que non se toca para saber máis do LSD do centeo do que non se falaba
Santiago, Vilar de Santos e Vigo acollen durante o mes de marzo as presentacións da banda sonora de 'Negro púrpura' en formato vinilo, un compendio de sons contemporáneos e psicodélicos co theremín de Paulo Pascual
- Entrevista | Diego Giráldez
- Cultura
"Escribir é deixar que te toquen, que te soben e incluso que te manipulen"
Un home pueril, covarde e dependente protagoniza a última novela de Diego Giráldez, O meu sangue (Galaxia). Un monólogo de amor, desamor, morte e vinganza no que este personaxe tenta xustificar o inxusticable. Unha pescuda na miseria humana que conduce con habilidade ao lector por un camiño que se acaba revelando falso. E que axuda, quizais, a cuestionarnos a nós mesmos e a nosa relación coa violencia.
'Medrar en galego': un día en Allariz para impulsar a crianza na lingua propia de Galicia
A xornada procura "contribuír a mellorar as ferramentas que xa están a empregar as familias para fortalecer o uso do galego entre as crianzas mesmo en contornas adversas" cun programa que combina espazos lúdicos coa formación
Cine e intolerancia
Manoel Barbeitos