Unha Galicia que le: 850 mil persoas inscritas nas bibliotecas públicas, que seguen sen aumentar o seu persoal
Todos os indicadores de usuarios, préstamos e visitas amosan a relevancia social que este servizo cultural ten para a maioría da poboación. Porén, hai outros datos que revelan as eivas da rede de bibliotecas, comezando polo déficit de financiamento, por debaixo da media estatal, ou a falta de persoal, lonxe das cifras de 2016.