Voltar

Cultura

  • Unha semana para celebrar e pensar o patrimonio como ponte entre xeracións

    O sábado celébrase o Día Internacional do Patrimonio. Ponte nas Ondas entrega o venres 15 os premios do Certame Imaxes do Patrimonio en Vigo, que un día despois acolle o espectáculo Ponte de Patrimonio, gala do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. O Consello da Cultura organiza en Navia de Suarna a xornada Soster o noso Patrimonio Cultural do Rural  e participa en Vilalba na I Xornada de Patrimonio Inmaterial.

  • A 'Fonte Wallace' de Ferrol, unha alfaia do patrimonio sen protección e nun "mal estado de conservación"

    A Asociación Cultural Ferrolterra Antiga vén de solicitar oficialmente ao Concello a súa restauración, que tamén é reclamada pola Société des Fontaines Wallace, con sede en París, entidade que traballa na protección das 200 exemplares existentes en todo o planeta. No Estado español tan só Barcelona e Donostia contan cunha destas fontes, instaladas no século XIX para garantir o acceso da poboación á auga potable.

  • “Ides facer o Hematofesti? Vale, pois o que sexa. Veño limpo e sen dúbidas”

    “Poucas veces un ten a sensación de estar a facer o correcto, o que lle pide o corazón”.  Nacho Vigalondo aínda non superou o dó polo falecemento do seu amigo Miguel Ángel López González, o Hematocrítico, hai agora un ano; unha amizade que naceu en foros de internet  “de forma inocente” por partillaren gustos comúns en cinema ou música. Vigalondo subliña a dimensión da figura do Hemato. "Como é posible que o tío xerase tanto amor, tanto vitalismo e tanta actividade? Era como unha fábrica. Era como Willy Wonka e a fábrica de chocolate nunha soa persoa”, asegura. O cineasta cántabro participa no Hematofesti, festival de literatura e humor homenaxe ao escritor, mestre, tuitero ou guionista impulsado por Ledicia Costas e Alberto Vázquez. 

  • Unha Ultranoite para 'culturetas' e un concerto polos 30 anos do bravú encabezan a programación do novo Culturgal

    No Pazo da Cultura de Pontevedra, entre o 29 de novembro e o 1 de decembro, haberá preto de 200 actividades, con 100 expositores e 500 artistas. Poderase ver tamén o novo espectáculo de Magín Blanco (A nena e o grilo nun barquiño) e PuntoGal celebra o décimo aniversario do dominio galego cos concertos de Caamaño& Ameixeiras e do proxecto Pava de Lucía Aldao. 

  • Cineuropa pon o foco na liberdade coa ollada posta no futuro da democracia

    A edición número 38 do festival compostelán, presentado coincidindo coas eleccións nos Estados Unidos, inclúe no seu catálogo un gran número de títulos que convidan á reflexión sobre a democracia e as súas representacións na pantalla.  Entre o 7 e o 24 de novembro poderán verse en Santiago algúns dos filmes máis celebrados nos festivais de Cannes, San Sebastián, Venecia, Berlín, Sitges ou Locarno

  • Outra volta ao deseño desde Galicia: Cenlitros, Desescribir e Novagarda

    O deseño que parece que non se ve pero está. Esta filosofía da profesión é a que comparten os tres estudios de deseño galegos que foron galardoados este ano nos premios Laus e Delta da asociación FAD (Foment de les Arts i del Disseny) de Barcelona, dous dos premios de deseño máis prestixiosos a nivel estatal. O traballo dos veteranos Cenlitros e Desescribir e do estudio Novagarda foi recoñecido nas categorías de gráfica do entorno, editorial, dixital e deseño industrial

  • Trinta e cinco anos de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia

    Hai 35 anos botou a andar a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), un sector que gozou durante varias décadas dunha boa saúde económica, excelentes cifras de publicación e venda e unha calidade recoñecida en certames e con traducións a outras linguas. Porén, a LIX enfróntase agora ao reto dunha infancia e mocidade galegofalante en devalo. Miguel Alonso Diz reflexiona sobre o pasado, presente e futuro da literatura infantil e xuvenil en Galicia neste texto publicado no número 242 de Grial

  • Irmás Cartoné, unha década traendo historias ao galego para que resoen entre diferentes xeracións

    A editorial Irmás Cartoné fai unha década traducindo ao galego clásicos da literatura universal: historias de diferentes épocas e temáticas que teñen moi en conta a quen escribiu desde as marxes. "Se un libro sobrevive (ou non) no tempo vese a posteriori, nós realmente xogamos sobre seguro niso", afirman as editoras e tradutoras detrás deste proxecto, Celia Recarey Rendo e Carlos Valdés García

  • Manuel Rivas gaña o Premio Nacional das Letras, que destaca o seu "compromiso coa lingua" e "recoñecemento mundial"

    É a primeira vez nos 40 anos de historia do premio que un autor galego obtén o galardón, un recoñecemento do conxunto da obra literaria dun escritor. A súa obra "acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoutrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero", destaca o xurado