Os murais urbanos que "melloran as cidades" e dan "proxección mundial", a debate en Lugo
A Facultade de Humanidades do Campus lucense da USC acolle do 10 ao 12 de abril un curso coordinado polas profesoras Elena Cortés e Patricia Cupeiro. Afondará no impacto cultural e socioeconómico dun fenómeno artístico en auxe coa participación de artistas e representantes de institución e empresas que veñen promovendo a súa realización nos últimos anos en distintos lugares de Galicia