500 anos do nacemento de Luís de Camões, o 'veciño' que Camos, en Nigrán, homenaxea este venres
Varios historiadores portugueses analizarán as orixes dos Camões, fidalgos galegos exiliados en Portugal
Varios historiadores portugueses analizarán as orixes dos Camões, fidalgos galegos exiliados en Portugal
A oitava edición dos galardóns, que pasan a denominarse Premios Youtubeiras+, desenvolverá baixo o lema Fachenda ao cadrado. Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos con canles de YouTube e/ou TikTok cunha maioría de contidos en galego.
No verán de 1924 a fotógrafa Ruth Matilda Anderson chegou a Galicia por primeira vez. Do 26 ao 28 de setembro o Concello de Santiago conmemora o centenario destas viaxes co itinerario Ruth e o Leviatán, que inclúe imaxes inéditas e anécdotas sobre as experiencias da estadounidense no noso país e que tamén se pode reailzar a través da web.
"Para nós foi moi impactante afondar máis aínda na historia de Nevenka Fernández, tan fiada ao universo e o relato do álbum Acrópole", aseguran María SOA e Sara Faro
Nee Barros trae ao galego a historia de Alice Oseman Heartstopper, un fenómeno editorial que Xerais edita na nosa lingua, e fálanos tamén do seu novo podcast, Um T com Nee, onde vai debullar a súa transición hormonal e compartir os diferentes ritos de pasaxe que existen noutras culturas
Barullo é o terceiro disco de Baiuca e poderá escoitarse enteiro a partir do 27 de setembro. Dez cancións que convidan con máis forza a levar as foliadas ás pistas de baile. Alejandro Guillán móstrase satisfeito co resultado final dun proceso de máis de tres anos desde a saída de Embruxo, sempre sen parar de facer concertos por todo o mundo. Presentará Barullo no festival Noites do Porto da Coruña o sábado 28.
Trátase da cuarta vez en seis anos que autoras galegas reciben o recoñecemento que entrega o Ministerio de Cultura, despois dos galardóns a Yolanda Castaño (2023), Olga Novo (2020) e Pilar Pallarés (2019). O xurado destaca que a obra publicada por Xerais é "unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte"
Un libro recompila as achegas do congreso sobre o Reino Medieval de Galicia impulsado pola Deputación da Coruña. O proxecto divulgativo continuará a vindeira primavera cunha "exposición como nunca se fixo sobre esta etapa da historia" en espazos públicos da Coruña e Santiago
O premio, dotado con 12.000 euros, inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia. Ramos xa obtivo este galardón hai dous anos con Os corpos dos Romanov. “Pola calidade dos seus diálogos, a caracterización dos personaxes e a acaída recreación de atmosferas, esta novela constitúe un excelente retrato da complexa sociedade galega que nos tocou vivir”, destaca o Xurado
O xurado destacou a súa obra O corpo de Cristo (Astiberri) por ser "unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética". Así mesmo, salientou que a obra "posúe unha gran profundidade e sensibilidade pola maneira de abordar un tema tan complexo como o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así como a reivindicación da importancia dos coidados".
Diagnóstico: estado carencial. Este verso de Gisele Mato pode sintetizar as ideas que contén o seu poemario Habitar as fendas, editado por Xerais e gañador do XII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. Mato estudou Psicoloxía entre Santiago de Compostela e París e adícase profesionalmente a un traballo que pouco ten que ver coa escrita. Porén, comezou escribir poesía sendo unha nena. Unha meniña de pais galegos emigrados a Suíza que é quen de referirse á dó migratoria en primeira persoa.
Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo estarán no V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal que se celebra do 12 ao 15 de setembro