Cultura
A Mostra de Teatro de Ribadavia bate o seu récord de público na despedida de Roberto Pascual como director
A edición número 40 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia pechouse esta fin de semana cun máximo de asistencia que superou as anteriores marcas acadadas nos anos 2018 e 2019. Pascual abandona a Dirección despois de 15 edicións nas que fixo medrar cuantitativa e cualitativamente a MIT
Os monicreques históricos da República Checa, protagonistas do Titiriberia de Rianxo
Entre o 12 e o 18 de agosto Rianxo acolle unha nova edición deTitiriberia: Festival de títeres tradicionais, que nesta ocasión conta coa República Checa como gran protagonista internacional.
- Entrevista | Lourenzo Fernández Prieto Memoria antifranquista
- Cultura
“Que San Simón, a illa dos poetas, fose tamén un campo de concentración é algo demasiado brutal”
Lourenzo Fernández Prieto explica o gran simbolismo que ten a illa como lugar de terror e beleza ao tempo que debulla nesta conversa por que cómpre lembrar a historia, mesmo a máis horrible que, para moitas persoas, aínda cheira na bandeira española actual. O catedrático de Historia Contemporánea da USC estivo á fronte do equipo do Histagra que colaborou co director para dotar de rigor histórico a película e mais á webserie San Simón, a colonia penitenciaria.
Unha mostra fotográfica abre o "legado de amor e compromiso co saber e progreso" de Antía Cal e Antón Beiras
Ata outubro poderá verse en Muras a exposición "A malla de Pascual. 1957", formada por 35 imaxes tiradas por Antón Beiras, que en 1957 retratou os traballos na aldea da que era orixinaria Antía Cal. É a primeira actividade da iniciativa Legado Activo Beiras Cal
O Congreso SOPA volve a Ourense para debater sobre o futuro do rural
Entre o 2 ao 8 de setembro Muíños, Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar acollerán a celebración do Congreso Internacional sobre Socialización do Patrimonio no Medio Rural (SOPA). O evento busca "educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión do patrimonio no medio rural; traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade"
Alba de esperanza
Víctor F. Freixanes
Sito Sedes, historia de Los Satélites e emblema da música popular galega
O histórico vocalista da orquestra coruñesa por excelencia faleceu aos 78 anos. Considerado discípulo musical do seu admirado Pucho Boedo, Sedes chegou a encabezar a Los Tamara e nos últimos anos recibiu diversas homenaxes, en varias das cales volveu cantar con Los Satélites
Akira Toriyama e o 'Gaspariño' de Xaquín Marín, protagonistas do Viñetas que confirma A Coruña como "a cidade do cómic"
Viñetas desde o Atlántico celebrará a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto cunha ampla programación na que destaca a exposición colectiva Toriyama en Galicia, da man dunha coidada selección de autoras e autores do país. Ademais, Gaspariño convértese no primeiro personaxe galego que se incorpora á colección de figuras de tamaño xigante que durante eses días se instalarán na cidade.
Ribeira acolle a primeira mostra dos gravados de Castelao que formaron parte dos 'Cincuenta homes por dez reás'
O Museo do Gravado acolle a exposición Os homes, por Castelao na Colección de Roberto Taboada, que amosa por vez primeira as 68 pranchas de cinz orixinais utilizadas polo artista rianxeiro na creación destas estampas, que primeiro se publicaron no xornal Galicia
Cada euro investido nas bibliotecas regresa á sociedade multiplicado por catro
A Consellería de Cultura deu a coñecer un estudo que cuantifica o beneficio social das bibliotecas públicas. O 36% da poboación galega é socio ou socia dalgunha das 391 bibliotecas do país, que en 2022 tiveron máis de catro millóns de visitas e realizaron máis de tres millóns de préstamos
- Entrevista | Diego Ameixeiras
- Cultura
"Déixome guiar por iso de querer vivir dentro das historias que me gustan moito"
Falamos con Diego Ameixeiras da súa última novela, Un anarquista, publicada esta primavera en Xerais. Unha historia sobre como construímos a nosa identidade que se acubilla nun tempo real, aqueles anos do final da década dos setenta, da Transición española, e un episodio deses que aínda son segredo de Estado: o coñecido como caso Scala que tivo lugar en Barcelona, que acabou co auxe do anarquismo naquela sociedade ansiosa por pasar páxina