- Entrevista | Clara Gayo
- Cultura
"Imos ao teatro tamén para sermos cuestionados"
Hai desacougo, ira, frustración ou desolación nos personaxes que crea Clara Gayo. En textos que falan de precariedade e de desigualdade. De opresión, de alienación e de falta de liberdade. Mais tamén hai moito humor. E un ronsel do absurdo que deixa, sempre, lugar para a esperanza. Di ela que fai, que fan, teatro porque é o que teñen que facer. Que non importa o para que nin o por que.