Galicia lidera o impacto da folga xeral no Estado
Foi unha das comunidades con maior adhesión a un paro moi secundado na industria, no transporte ou no ensino e con amplo apoio na rúa, pero sen moita repercusión no comercio ou na hostalaría. A TVG e a Radio Galega tiveron que alterar a súa programación.