- Datos
- Economía
Galicia alcanza a taxa de paro máis baixa desde 2008 e roza o pleno emprego
Sitúase só tres décimas por riba do 8% logo de que o paro diminuíse en 13.700 persoas nun ano. A cifra de ocupados aumentou en case 30.000, impulsada pola industria e os servizos, mentres España bate outra marca ao rachar coa barreira de 22 millóns de homes e mulleres traballando.