90.000 metros cadrados libres na Coruña dentro de dous anos: Repsol e Porto selan o acordo
A petroleira completará a finais de 2027 o traslado total das operacións que aínda realiza na dársena interior de San Diego a Punta Lagosteira. A mudanza completará un proxecto xurdido hai 23 anos, cando o desastre do Prestige impulsou a necesidade dunha dársena exterior para a cidade, o que provocou unha débeda da Autoridade Portuaria co Estado que agora marca o futuro dos terreos liberados.