Milleiros de falsos autónomos: o Supremo ratifica a fraude masiva na industria cárnica galega
O alto tribunal recoñece a relación laboral cunha empresa do Grupo Coren de centos de traballadoras e traballadores que exercían como persoal por conta propia a través da falsa cooperativa Servicarne. O novo auto supón o punto final a unha longa batalla xudicial sobre unha situación de precariedade e ilegalidade que afectou miles de persoas.