- Datos
- Economía
O emprego mellorou en todos os sectores en Galicia en 2023, que pecha coa menor taxa de paro en 15 anos
O pasado ano a taxa de paro caeu ao 9,15%, a máis baixa dende o terceiro trimestre de 2008. O emprego masculino mellorou máis que o feminino en Galicia, grazas en parte ao forte incremento da ocupación na industria. Así, dos 34 mil novos ocupados, 22 mil son homes e 12 mil son mulleres. A taxa de temporalidade, máis elevada nas mulleres, segue a descender.