Economía
Corenta comercios da zona histórica compostelá saen na defensa do freo ao monocultivo turístico
"É urxente redireccionarnos cara a un modelo de cidade que protexa o comercio de calidade, de proximidade e útil para a cidadanía", din os responsables destes negocios nun comunicado conxunto. Ao tempo, a dirección do PSdeG local decide que o grupo municipal opte pola abstención na votación da ordenanza que completa a regulamentación dos pisos turísticos, o que impedirá que saia adiante, pero non que sigan vixentes as restricións xa aprobadas no pasado mandato
O 43% das principais empresas galegas cre que os seus provedores, clientes ou socios incumpren a libre competencia
Unha enquisa da Comisión Galega da Competencia ás 125 principais empresas e organizacións do país revela que o seu propio traballo é descoñecido para o 33% delas e que o 25% carece de programa de cumprimento normativo
A Xunta certifica "dinamismo" na economía española mentres Feijóo diagnostica "aplastante mediocridade"
O Goberno galego comeza a elaborar os seus Orzamentos para 2025 coa premisa de que España vai ben, cunha redución da débeda externa que deixa a capacidade de endebedamento "en máximos históricos"
Dependentas de Inditex rematan o peche de 72 horas na sede da empresa e chaman a unha folga nas tendas
As delegadas nas tendas da compañía nas tendas da provincia da Coruña iniciaran o pasado venres unha acción de protesta na sede central da compañía para pedir a reapertura da negociación provincial e denuncian que a multinacional opta por realizar unha negociación a nivel estatal para diluír a capacidade de presión das traballadoras galegas, máis mobilizadas.
Xa son 49 os parques eólicos suspendidos cautelarmente polo TSXG en 64 concellos polos posibles efectos ambientais
O tribunal permitiu ata o momento a continuidade de tres proxectos ao desestimar neses casos as peticións de paralización formuladas por organizacións ecoloxistas
Que é o pago de dereitos de emisións e por que se amplía agora a edificios, coches e barcos
As navieiras que transportan mercadorías e persoas comezarán a pagar en 2025 polo CO2 que expulsen os grandes buques
O TSXG avala unha multa de 211.000 euros a Bankinter por non ter teléfono gratuíto de atención ao consumidor
O tribunal di que non houbo "unha simple inobservancia de normas por erro ou ignorancia, sendo as alegacións de Bankinter meras escusas ou desculpas"
- Datos Crise de prezos
- Economía
Os prezos dispáranse en Galicia ao maior ritmo do Estado coa inflación máis elevada do último ano
A inflación repunta a nivel xeral, pero o 4% interanual galego está catro décimas por riba da media estatal e en cabeza de todas as autonomías. A hostalería encabeza a escalada dos prezos, cos alimentos un 5% máis caros que hai un ano e a luz, case un 10% máis
O TSXG rexeita parar cautelarmente o expediente sancionador a Monbus e Alsa por repartirse o mercado
O tribunal desbota os argumentos das dúas empresas sobre o dano económico que lles suporía e lembra que os intereses xerais están por riba dos particulares
Querela da Fiscalía contra Naturgy pola manipulación do prezo da luz en Sabón que xa multou Competencia
Tras a sanción de Competencia a Naturgy pola manipulación de prezos da luz en 2019, Facua denunciou a empresa na Fiscalía da Audiencia Nacional, que agora se querela contra a eléctrica. Competencia salientara que a antiga Fenosa se aproveitou das "circunstancias de mercado propias de Galicia" e a Fiscalía subliña que tamén o fixo en plena crise da COVID para obter "un beneficio inxustificado de 43,2 millóns"
O prezo de compra de vivenda en Galicia sitúase xa moi preto do máximo acadado durante a burbulla inmobiliaria
No conxunto do Estado o índice do prezo da vivenda superou xa o máximo acadado antes do estoupido da burbulla e os prezos da vivenda nova hai xa tempo que en Galicia están moi por riba dos máximos acadados hai dúas décadas