Naturgy manipulou o prezo da luz desde Sabón para aumentar os seus ingresos
A CNMC obriga a empresa a pagar 41,5 millóns entre sanción e indemnización por ofertar a prezo "excesivo" a electricidade da central de ciclo combinado de Arteixo destinada a paliar as eivas do sistema. A compañía aproveitouse durante case dous anos das "circunstancias propias" do mercado en Galicia e da reducida competencia para gañar máis.