As intermitencias de Stellantis: 60 quendas ao limbo no que vai de ano
Resulta complicado de entender por que nunha situación de máxima produción, coa anunciada recuperación da quenda da fin de semana para facer máis furgonetas e a alteración das vacacións da metade do cadro de persoal por necesidades produtivas, a fábrica de Balaídos tivo que parar por falta de compoñentes nada máis retomar a actividade.