Economía
O naval vigués, sen volta atrás: a compra de Barreras por Armón pecha a etapa negra iniciada con Pemex
Desaparece Barreras, o maior estaleiro da ría de Vigo, mentres os sindicatos ven peligrar a carga de traballo do naval e as posibilidades do sector para aproveitar o PERTE, que "non é satisfactorio" para as empresas auxiliares do sector
A Xunta é condenada por denegar unha axuda a unha autónoma que xa tiña outra sen deixar elixir entre as dúas
A propia afectada comunicou ao pedir a segunda subvención, como establece a lei, que xa tiña concedida outra, pero a Consellería de Emprego decidiu por ela “sen concederlle a facultade de optar pola que considerase máis acorde aos seus intereses”
O peche de Vestas en Viveiro sae a devolver: o Estado ten que lle pagar 142.000 euros dunha subvención por un erro de cálculo
O Estado recortou a subvención de 2,4 millóns concedida a Vestas ao considerar, entre outros aspectos que investira en Viveiro 9,35 millóns e non os 12,5 que prevera. A compañía recorreu á Audiencia Nacional, que lle deu parcialmente a razón mentres executaba a reconversión da factoría mariñá, destruíndo a maioría dos postos de traballo
- Interactivo
- Economía
Os concellos galegos aumentan a súa débeda por primeira vez dende 2014
A Coruña encabeza a lista e é a cidade que máis incrementou a súa débeda viva en 2021, co 23% da suma total das entidades municipais galegas. 59 localidades empeoraron os seus indicadores o pasado ano, fronte a 102 que reduciron o seu endebedamento
O persoal de Bosch en Vigo mobilízase contra os 148 despedimentos provocados pola deslocalización de servizos
Ao redor do 70% das 1.300 traballadoras e traballadores do centro vigués de chamadas secundaron a folga de 24 horas convocada polo comité de empresa contra o ERE de extinción presentado pola compañía trala perda dun contrato con Vodafone. A CIG manifesta o seu temor de que este caso "sexa un primeiro síntoma dun repunte deslocalizador"
- Datos Crise de prezos
- Economía
Dispáranse os fogares galegos que tentan aforrar na compra mentres os que prevén ir de vacacións marcan máximos
Dende finais do pasado 2021 os fogares que toman medidas como mercar máis marcas brancas ou acudir a máis produtos de oferta aumentaron case 20 puntos e superan o 25% do total. Mentres, en case un de cada cinco fogares galegos prevén ir de vacacións este verán, o valor máis alto da serie histórica que comeza en 2010, e a percepción sobre a economía persoal é menos pesimista que a respecto da situación económica xeral de Galicia
Reganosa alegou que unha competidora en Xixón autorizada agora polo Estado saltou normas urbanísticas tras facelo tamén ela
A regasificadora de Mugardos recibiu cinco condenas do Supremo derivadas do seu emprazamento prohibido pola normativa urbanística e despois Xunta e Goberno de España legalizaron a súa situación, como está a suceder coa planta de El Musel
- Datos
- Economía
Galicia rexistra o seu maior nivel de emprego dende 2009, pero con cinco veces máis contratos indefinidos
A contratación indefinida medra por riba do 300% internual por segundo mes consecutivo e a temporal cae un 35% a respecto do mesmo mes de 2021. O sector servizos protagoniza tanto a baixada do paro, por riba da media estatal, como a suba do emprego
Portugaliza resplandece
Joám Lopes Facal
- Datos Crise de prezos
- Economía
A gasolina segue por riba dos 2 euros malia levar dúas semanas a baixar de prezo
O día que entrou en vigor a subvención de 20 céntimos, o litro de gasolina custaba uns 1,83 euros en Galicia. Agora, co desconto incluído, rolda os 1,95. Competencia di estar a vixiar se as gasolineiras están a incrementar as súas marxes de negocio en plena espiral inflacionista
- Datos Crise de prezos
- Economía
O 13% da poboación galega non se pode permitir manter a vivenda a unha temperatura adecuada
Medio millón de persoas viven por debaixo do limiar da pobreza e 675.000 están en situación de exclusión social. O pagamento da factura da luz supuxo un gasto medio de 797 euros por fogar en Galicia no ano 2021, a cifra máis alta da serie histórica e case 70 euros máis que no ano 2020